O Alcalde supervisa o asfaltado nas rúas Concepción Arenal e Doutor Casares, logo do remate das actuacións incluídas na 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte

Monforte de Lemos, 4 de febreiro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras e Servizos, José Luis Losada, supervisou na tarde de onte as obras de asfaltado da rúas Concepción Arenal e parte de Doutor Casares, incluídas na 2ª Fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte, correspondentes ó proxecto de actuacións que están a desenvolver o Concello e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

En concreto, polo que respecta á rúa Concepción Arenal, os traballos consistiron no deseño e execución dunha  rede separativa, nesta rúa e na rúa  Rosalía de Castro. Instaláronse así novos colectores substituíndo á condución unitaria.

Ademais, na rúa Concepción Arenal instalouse un separador hidrodinámico como dispositivo de tratamento das augas pluviais para dar saída ás pluviais ao río Seco.

Por outra banda, na rúa Doutor Casares, procedeuse tamén ó fresado e asfaltado do firme, tras levarse previamente a cabo a renovación dos colectores de saneamento. Neste senso, instalaronse unha nova tubaxe e todas as acometidas tanto de pluviais como de residuais que van conectadas ós novos pozos de rexistro.

Renováronse os imbornais dispoñendo uns novos con sifón para evitar posibles olores da rede unitaria.

Finalizadas as obras repuxéronse os bordillos e pavimento das aceras, a sinalización vertical e o alumeado público. Ademais procedeuse ao fresado da capa de rodadura da calzada, previa ó asfaltado.

Estas actuacións enmárcanse dentro da 2ª Fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte, que se traducen en actuacións, ademais de nas rúas mencionadas, na rúa Carude, no colector das Malloadas e rúa Concepción Arenal, na rúa Rosalía de Castro, na rúa Doutor Casares-Morín e na prolongación de Xoan Montes.

O investimento para estas actuacións alcanzou os 1,8M€, e a obra foi adxudicada á empresa Misturas Obras e Proxectos, que pertence ó grupo Extraco.

As actuacións están cofinanciadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que aporta o 80% da inversión, e polo Concello de Monforte, con unha porcentaxe do 20%.

Con estes traballos, tal e como explicou José Tomé , “estanse a subsanar as infiltracións que sobrecargan a rede e os alivios de augas residuais e  abórdase tamén nesta mesma actuación, a mellora da rede de saneamento de varias rúas , por estar en mal estado na maioría dos tramos, causando un funcionamento deficiente”.

Todas estas actuacións teñen como obxectivos principais, por un lado, a redución de augas brancas que se incorporan á rede de forma irregular por deficiencias construtivas e do estado de conservación dos pozos e dos colectores e por outro, levar a cabo reparacións estruturais da rede nas rúas mencionadas que precisan dunha intervención mais urxente.

Este proxecto ven a continuar coa labor de mellora no mal estado da rede de saneamento de Monforte, despois das melloras realizadas, nunha I Fase, nas rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijóo.