O Alcalde amosa a súa satisfacción por un exitoso Martes de Entroido que contou con máis de 1.300 participantes no desfile e as rúas cheas de miles de monfortinos e visitantes

Monforte de Lemos, 4 de marzo de 2025. O Concello de Monforte celebrou hoxe o seu día grande do Entroido 2025, o Martes de Entroido, co Desfile e concurso de Comparsas e Disfraces. que contou con máis de 1.300 participantes que optaron ós premios das diferentes categorías. A eles engadíronse centos de persoas que se disfrazaron fora de concurso, e que fixeron, xunto con miles de monfortinos e visitantes que ateigaron as rúas polas que transcorreu  o desfile, que este Martes de Entroido en Monforte resultara ser todo un éxito, no que ademais acompañou a climatoloxía.

Cabe recordar que para esta edición de 2025, o Alcalde incrementou en 4.000€ os premios dos diferentes concursos convocados, alcanzándose os 25.000€, a axuda máis alta destinada dende o Concello. “O obxectivo foi animar á xente a que participase nos distintos concursos e actividades, contribuíndo así ó éxito do noso Entroido” salienta José Tomé.

Tamén remarcou o rexedor monfortino “o impulso económico que supón esta celebración capaz de reunir na cidade a un número importantísimo de persoas tanto de aquí como de fora que visitan Monforte para desfrutar dunha posta en escena divertida e colorista, na que non pode faltar a crítica e o bo humor”.

Para o concurso do Martes de Entroido o Concello estableceu dúas modalidades, unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para disfraces e comparsas de fóra do municipio. No primeiro caso, destina 17.850€ en premios, que son 2.850€ máis que en 2024, un 19% máis. Para participantes de fora do Concello, este ano contarán con 3.150€ en premios, 850€ máis que en 2024, un 37% máis. 

Polo Concello de Monforte anotáronse, nas diversas categorías de comparsas, 15 colectivos, e nas categorías individuais de 1 a 3 compoñentes, 11 inscricións. De concellos de fora de Monforte, anotáronse 14 comparsas diferentes, provintes de concellos tanto da provincia de Lugo, en concreto, Sober, Sarria, O Saviñao e Pobra de Brollón, como de concellos de Galicia, como Nogueira de Ramuín, Ourense ou Ferrol.

Concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido

O Desfile de comparsas e disfraces do Concello de Monforte comezou ás 17:00 horas na praza da Estación. Percorreu as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Praza Ponte Fontecha, rúa Compañía, e finalizou na explanada fronte o Colexio de Nosa Señora da Antiga, onde a concelleira de Cultura, Marina Doutón, disfrazada de ratiña presumida, deu a coñecer ós ganadores e gañadoras do concurso. A xornada concluíu coa actuación da Orquestra Suavecito.

O Alcalde e o resto do Equipo de Goberno queren felicitar aos premiados e agradecer a todos os participantes o esforzo que fixeron para a realización das súas propostas e animan aos veciños a seguir participando nas actividades organizadas polo Concello que se desenvolven na cidade.

A relación completa de premiados e premiadas do é a seguinte, con unha partida máxima de 17.850€ para Comparsas e Disfraces de Monforte, e de 3.150€ para Comparsas e Disfraces de fora de Monforte:

 

PREMIOS DESFILE DE COMPARSAS E DISFRACES 2025 CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS:

 

-Comparsas de fora de Monforte, 1 a 3 compoñentes:

3º- Dende a Alameda ata a Compañía chegan as dúas Marías, Sober, 150€

2º- La canción del Colacao, Sarria, 200€

1º- Recicleitor e o seu dragón da reciclaxe, Sober, 250€

 

-Comparsas de fora de Monforte, 4 a 24 compoñentes:

3º- A bruxa do Condado, co feitizo preparado, Ferrol, 300€

2º- Nadar por eiquí, nadar por alí, Cereixa, A Pobra do Brollón, 400€

1º- O Barraquillo, Sarria, 500€

 

-Comparsas de fora de Monforte, máis de 25 compoñentes:

3º- Ribeiraos de Bolmente, Asoc. Veciños Bolmente, 300€

- Píde un desexo … en Sober, Anpa Virxe do Carme de Sober,  450€

1º- Asun Feiros, Anpa Colexio Asunción de Sarria, 600€

 

-Premio ó mellor humor: Carude cousa nosa, Comparsa Barrio Carude, 300€

 

-Premio á posta en escena: Al son del Torre de Lemos, Colexio Torre de Lemos, 300€

 

-Premio crítica de actualidade: X, Héctor Manuel Díaz López, 300€

 

-Premio mellor música en vivo: Tukupá, Asoc. Battuere, 300€

 

-Premios ás carrozas:

Accésit.-  Voda “Low Cost”, Asociación PRODEME, 100€

Accésit.-  Tic-Tac, ANPA A Lagoa Ceip Monforte -Colexio Novo, 100€

Accésit.-   A cuncha bota fume            , Corredoira, 100€

3º.- Chegaron os que faltaban, Campo San Antonio, 450€

2º.-  Dragones de Lemos, Grupo De Amigos Barrio De Cobas, 600€

1º.- Memorias del Titanic, As. Cult. Os Xograres de Lemos, 800€

 

-Individual infantil, 1 a 3 compoñentes:

2º- Super maquinista del futuro, Manuel López Rodríguez, 150€

1º- Mi amigo el zombi y yo, Leo Salgueiro, 200€

 

-Comparsas infantil, de máis de 4 compoñentes:

1º- Ribeira Sacra Fest Junior, 500€

 

-Individual adulto, 1 a 3 compoñentes:

Accésit- Los chocolates del Tirol, Luisa Astray, 100€

3º- Como che cambiou o Conto!!!, Adelina Deus González, 150€

2º- El Faraón y la princesa Cleopatra, Mª Rocío Rodríguez Gonda 200€

2º- Robots, Julio César Gómez Pérez, 200€

1º- María Antonieta y su Corte, Víctor Monserrat Prats, 300€

 

-Comparsas entre 4 e 24 compoñentes:

3º- As medusas máxicas do Sil, 300€

2º- Tukupá, Asoc. Battuere, 400€

1º- Ribeira Sacra Fest, 500€

 

-Comparsas entre 25 e 50 compoñentes:

2º- A cuncha bota fume, Corredoira, 500€

1º- Dragones de Lemos, Grupo De Amigos Barrio De Cobas, 700€

 

-Comparsas entre 51 e 90 compoñentes:

Accésit- Nimbawa, Clube Quicela Ximnasia Rítmica, 300€

Accésit- Al son del Torre de Lemos, Colexio Torre de Lemos, 300€

3º- Chegaron os que faltaban, Campo San Antonio, 400€

3º- Memorias del Titanic, As. Cult. Os Xograres de Lemos, 400€

2º- Tic-Tac, ANPA A Lagoa Ceip Monforte -Colexio Novo, 550€

2º- Mundo Rabbit, Colexio Ferroviario, 550€

1º- Voda “Low Cost”, Asociación PRODEME, 800€

 

-Comparsas de máis de 90 compoñentes:

2º- Carude cousa nosa, Comparsa Barrio Carude, 1.000€

1º- O rebaño de Celia, ANPA CEIP A Gándara, 1.500€