O Alcalde presenta o Programa da XXI Feira Medieval 2025 e inaugura o “Mercado para a Medieval” na Praza de Abastos de Monforte

-Antes de inaugurar o Mercado para a Medieval, José Tomé Roca deu a coñecer o Programa oficial de actividades da 21ª edición da Feira Medieval, que se celebrará os días 19 e 20 de abril de 2025 e que tal e como destacou o Alcalde “constitúe unha das citas de ocio mais importantes de Galicia na fin de semana de Semana Santa”.

-Nesta nova edición da Feira Medieval, preséntanse moitas novidades. Tal e como explicou o Alcalde, “por un lado hai un incremento considerable dos grupos de animación musical que animarán as rúas tanto o sàbado como o domingo”. Tamén hai un aumento considerable do número de fachos e faroliños de papel que se repartirán este ano “Dado que gusta moito ás persoas que suben o sábado pola noite ata San Vicente, e como en edicións anteriores serán repartidos no Campo da Virxe”, destacou o Alcalde. “Aumenta tamén o número de postos do Mercado Medieval, cinco postos mais que na edición anterior, este ano haberá 140, e polo tanto, tense que aumentar o recinto para albergar todos os postos novos, que se colocarán na Praza de San Antonio”.

-En canto ás actuacións tal e como explicou o rexedor, o sábado haberá dous grandes espectáculos na rúa, un é o GRAN DRAGÓN  e o outro chámase ERRANTES, e na noite do sábado na Praza Luis de Góngora, haberá unha actuación, o espectáculo LÚA que ven por primeira vez este ano, cunha interpretación musical de Tamara Pérez que descenderá en grúa desde as alturas creando unha atmósfera de maxia coa súa voz e a danza que interpreta, previa á tirada de fogos de artificio.

-O domingo, ademáis de aumentar os grupos musicais que animan as rúas pasando de 4 grupos do ano pasado a 7 grupos neste ano, haberá dous grandes espectáculos, que son O GRAN DRAGÓN, que desfilará dende a praza de España polas rúas da Feira e SUAREN BATAILA, un espectáculo de teatralización, malabares, pirotecnia e lume que actuará na Praza de S. Antonio ás 21:00 horas.

-O orzamento para este ano é o máis alto da historia, pasando de 41.127,17 euros no ano 2015, en que chegou o Alcalde ó goberno do Concello, a mais de 108.000 euros que se destinan neste ano 2025, cun incremento de case 67.000 euros dende 2015, é dicir, case un 163% máis.

-O Mercado para a Medieval, que constitúe o preludio da Feira Medieval, foi inaugurado na Praza de Abastos polo Alcalde trala presentación do programa oficial, e conta con 11 stands que ofrecen esta fin de semana todo tipo de produtos e servizos para preparar axeitadamente a participación da Feira Medieval, como traxes, complementos, artesanía, ideas decorativas, maquillaxe, gastronomía, etc.

-Este sábado o Mercado para a Medieval abre de 11 a 14 horas, e de 17 a 21 horas e ten como acto central o Desfile de Traxes Medievais e complementos que terá lugar ás 18:30 h e que por primeira vez sae á rúa, facendo un circuito dende a entrada do mercado ata a entrada do espazo gastronómico. O domingo día 6,  o horario tamén será de mañá e tarde, de 11 a 14 h  e de 17 a 20 horas.

-Dentro do Mercado, o Concello tamén organiza o Concurso de repostería e pastelería A polo mellor doce”, con elaboración de doces relacionados coa repostería ou estética medievais, e os visitantes poderán evaluar o mellor doce de tres categorías: tradicional, innovador e creativo, votando durante a xornada do sábado, no horario do mercado.

Monforte de Lemos, 5 de abril de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou esta mañá ás 11:30 horas o “Mercado para a Medieval” na zona dos mercados da Praza de  Abastos de Monforte, “un certame co que buscamos potenciar e promocionar a Feira Medieval, un evento turístico que trae unha gran afluencia de público e visitantes a Monforte durante a fin de semana da Semana Santa”. Este ano 2025, a Feira Medieval alcanza a súa 21ª edición que se celebrará durante a fin de semana do 19 e 20 de abril.

Antes da inauguración oficial, no mesmo espazo da Praza de Abastos, o Alcalde ofreceu ás 11:30 horas unha rolda de prensa aos medios de comunicación para presentar o Programa oficial de actividades da Feira Medieval 2025.

O Alcalde resaltou que “por fin, neste ano 2025 alcanzamos a edición número 21, e a pesar de ter solicitada a declaración de Feira de Interese Turístico Galego, non temos noticias da Xunta ata o momento de se foi recoñecida ou non, pero para min o máis importante é que sexa positiva, aínda que tarde algún mes máis.”.

En canto o orzamento para a organización da Feira Medieval, o deste ano é o máis alto da historia, pasando de 41.127,17 euros no ano 2015, en que chegou o Alcalde ó goberno do Concello, a mais de 108.000 euros que se destinan neste ano 2025, concretamente 108.351,99 €, cun incremento de case 67.000 euros dende 2015, é dicir, case un 163% máis.

Programa da XXI Feira Medieval 2025 e principais novidades

Previo á inauguración do Mercado para a Medieval, José Tomé Roca,  deu a coñecer o programa oficial de actividades desta 21ª edición da Feira Medieval, que se celebrará os días 19 e 20 de abril de 2025 e que tal e como destacou  o Alcalde “segue traendo a miles de visitantes a mergullarse no noso pasado medieval e facer da nosa Feira o epicentro de Galicia nesa fin de semana ”.

A continuación o rexedor municipal detallou as diferentes actividades que darán vida á Feira Medieval, destacando as principais novidades do evento este ano.

Tal e como explicou o Alcalde, “por un lado hai un incremento considerable dos grupos de animación musical que animarán as rúas tanto o sàbado como o domingo, de xeito que pasamos de 5 grupos que actuaban o sábado e 4 grupos o domingo, no 2024, a 7 grupos que actuarán este ano tanto o sábado como o domingo”.

Tamén hai un incremento considerable no número de fachos e faroliños que se repartirán nesta edición con respecto ó ano anterior, pasando de 200 fachos do 2024 a 325 este ano e de 500 faroliños de papel a 650 nesta edición, que serán repartidos no Campo da Virxe. O incremento está xustificado, tal e como explicou Tomé “porque é unha das actividades que mais lles gustan ás persoas que suben a San Vicente o sábado pola noite”

Por outro lado, aumenta tamén o número de participantes no Mercado Medieval, que ano a ano aumentan e nesta edición alcanzará os 140  postos, fronte ós 135 de 2024, con 45 postos de gastronomía, 32 de comercio e 63 de artesanía que foron seleccionados entre 191 solicitudes que entraron en prazo, e que tal e como explicou Tomé “isto demostra o interés dos comerciantes por participar na Feira Medieval, sinal de que lles vai ben coa súa participación. Por este motivo, estamos obrigados a aumentar o recinto para albergar todos os postos novos, que se colocarán na Praza de San Antonio”.

En canto ós espectáculos, como novidade este ano, haberá un gran espectáculo de animación de rúa que se denomina O GRAN DRAGÓN no que o protagonista, tal e como indica o seu nome será 1 gran dragón que aparece frecuentemente na mitoloxía europea e que son frecuentes nas historias e lendas medievais, acompañado por un grupo de músicos e bailaríns que realizarán acrobacias e xogos de lume e que sairá dende a praza de España polas rúas da Feira, o sábado e o domingo ás 8 da tarde.

Tamén serán novidosos os dous espectáculos que terán lugar na tarde-noite dos dous días de Feira:

  • O sábado ás 21:30 h a praza Luis de Góngora acollerá o espectáculo LÚA, cunha interpretación musical de Tamara Pérez que descenderá en grúa desde as alturas creando unha atmósfera de maxia coa súa voz e a danza que interpreta, previa á tirada de fogos de artificio.
  • O domingo as 21:00 h, na praza de San Antonio, terá lugar o espectáculo SUAREN BATAILA, onde se entrelazan audaces malabares con tela, xunto con teatralización e espectáculos de pirotecnia e lume.

Tamén hai que destacar o sábado 19, o desfile dende a Praza de España polas rúas da feira, do espectáculo ERRANTES con seres saídos da escuridade dos tempos e ás 20:45h haberá un concerto a cargo do grupo de música medieval GRIMORIUM, na praza de España.

Eixos centrais do Programa da XXI Feira Medieval

Como é tradición, o sábado 19 ás 12 horas, uns pregoeiros desenvolverán un espectáculo no que informarán aos presentes do que acontecerá a fin de semana na cidade de Monforte, dándolle paso ó Saúda do Alcalde para declarar aberta a XXI Feira Medieval de 2025 de Monforte.

Do mesmo xeito, tras o saúda do Alcalde,  haberá unha salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, para dar inicio oficial á Feira.

Dentro das actividades centrais da Feira, José Tomé destacou o Campamento Medieval da Praza de España, un dos eixos centrais da feira, a Programación infantil que terá lugar no Campamento infantil Medieval xunto ó Convento das Nais Clarisas, o Espectáculo de aves de rapiña e cetrería, as Xustas medievais, o Gran Torneo Medieval, os espectáculos de lume, as actividades de rúa ou os espectáculos nocturnos ideados para a Praza Luis de Góngora e para o Campo de San Antonio.

Finalmente, a resolución dos diferentes concursos convocados polo Concello para esta Feira: Traxes medievais, Decoración de balcóns, e de establecementos comerciais e hostaleiros, ó igual que o ano pasado, celebrarase o domingo ás 7 da tarde na praza de España, por operatividade da Feira.

O Alcalde, non quixo esquecerse dnha das colaboracións importantes que ten o Concello para a celebración da Feira Medieval, que é coa Asociación de Artesáns de Monforte, e que son os que se encargarán da montaxe do estrado na praza de España para os diferentes actos, así coma da elaboración dos elementos decorativos para rúas e prazas do Concello, destacando a decoración da Ponte Vella, da Torre da Homenaxe e dos pendóns que decorarán o Concello na Praza de S. Antonio.

Na súa intervención, José Tomé manifestou que “hai motivos dabondo para visitar Monforte, así que os días 19 e 20 de abril esperamos que todos os monfortinos se impliquen na celebración da Feira Medieval e tamén esperamos que sexan moitas as persoas que nos visiten dende o resto de Galicia e do resto do Estado, ós que convidamos a compartir con nós este evento que chega ás 21 edicións inenterrumpidas”.  

 

Mercado para a Medieval 2025

O Mercado para a Medieval é un preludio da Feira Medieval, polo que a súa temática xira arredor da preparación para dita Feira.

Deste xeito, o Mercado conta hoxe e mañá coa presencia de 11 stands nos que haberá traxes medievais confeccionados a man para adultos e nenos, complementos para os traxes, artesanía, bixutería, decoración de mesas de terraza para hostalería así como decoración de mesas medievais de comedor, en definitiva, todo o necesario para os preparativos da Feira Medieval.

Durante a celebración do Mercado, proxectanrase, de manera continuada, o vídeo oficial da Feira Medieval, que foi presentado o pasado luns 31 de marzo polo Alcalde, e o vídeo “O bo xantar”, o cal dará a coñecer a proposta culinaria dos diferentes restaurantes da cidade para esta Feira Medieval.

Como en pasadas edicións, celebrarase o concurso de repostería e pastelaría “A polo mellor doce onde os visitantes poderán avaliar o mellor doce dos expostos durante o Mercado, votación da que resultará elixido un gañador de cada unha das tres categorías que concursan, tradicional, innovador e creativo. A entrega de premios terá lugar o Domingo día 6 de abril ás 13:00 h no propio mercado e a continuación, realizarase un sorteo entre todos os votantes dos doces expostos.

Este sábado día 5, celebrarase o Desfile de Traxes Medievais e complementos, que terá lugar ás 18:30h. con entrada libre e que este ano por primeira vez, sae á rúa facendo un circuito dende a entrada do mercado ata a entrada do espazo gastronómico, dada a gran afluencia de público que se tivo en edicións anteriores. Desfilarán 92 traxes de época, presentados por 23 modelos, adultos e nenos, e terá unha duración aproximada dunha hora para que todos poidamos escoller comodamente os nosos traxes para lucir na FeIra Medieval.

O horario do Mercado para a Medieval 2025 é o seguinte:

  • Sábado día 5 de abril, de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h a 21:00h.
  • Domingo día 6 de abril, de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h a 20:00h.