O Alcalde participa nos actos litúrxicos do Venres Santo na igrexa de Nosa Señora da Antigua, e na procesión da Virxe Dolorosa e o Ecce Homo

Monforte de Lemos, 18 de abril de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca,  participou na tarde de hoxe nos actos litúrxicos do Venres Santo, que se celebraron dende as 7 da tarde na igrexa de Nosa Señora da Antigua.

No acto, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Servizos, José Luis Losada, de Cultura, Marina Doutón, de Deportes, José Manuel Mougán, de Consumo,  Regina López, e de Muller e Igualdade, Margarita López. Tamén acudiron outros membros da corporación municipal, autoridades, e moitos monfortinos e monfortinas que ateigaron a igrexa dos Escolapios.

Tras a celebración eucarística en conmemoración da Paixón e morte de Jesús, e debido a que a climatoloxía foi adversa, non se puido celebra a procesión da Virxe Dolorosa e o Ecce Homo que percorre, cando a choiva o permite, as rúas do centro de Monforte. En substitución da procesión, as imaxes foron trasladadas ata a porta da igrexa onde se lle rendiu homenaxe á Virxe Dolorosa cantándolle á Salva, para devolvela posteriormente ó lugar do que partiu dándose por finalizados os actos litúrxico.  

O Equipo de Goberno colaborou nestes actos litúrxicos coa Coral Polifónica do Concello, que actuou na eucaristía, cos adornos florais que engalanan ás imaxes  e coa Policía Local, que levou a cabo a reordenación e regulación do tráfico durante os actos litúrxicos.