Monforte de Lemos, 14 de febreiro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que na Xunta de Goberno celebrada o pasado luns 10 de febreiro, aprobouse a adxudicación das obras de reforma integral do Cemiterio Vello municipal, á empresa Nature Infraestructuras y Servicios, S.L. por un importe de 198.319€.
Para a mellora do Cemiterio muncipal de A Gándara, o orzamento total é de 223.542,57 euros ive engadido. Unha vez adxucicadas as obras, dende que se asine a correspondente acta de replanteo, o prazo de execución será de 6 meses, polo que se prevé que as actuacións estean rematadas antes do 1 de novembro, día de Todos os Santos.
Reforma integral do Cemiterio Vello municipal
O pasado 25 de novembro de 2024, o Alcalde anunciara en rolda de prensa a mellora integral do Cemiterio Vello Municipal de Monforte, tamén coñecido como o Cemiterio de A Gándara.
O proxecto de mellora ideado para o Cemiterio municipal afecta ó que se refire ás súas vías interiores, os camiños que vertebran o Cemiterio, que forman parte da rede viaria municipal, en concreto, 80 rúas secundarias do cemiterio. As rúas principais desta zona, así como as dúas ampliacións levadas a cabo no cemiterio, contan con rúas pavimentadas.
A actuación ven motivada porque unha grande parte das vías secundarias do Cemiterio Municipal están na actualidade sen pavimentar ou con pavimentos realizados en pequenas áreas, sen conexión entre eles, defectuosos, con distintos niveis e deteriorados, que provocan humidades e incluso a entrada de auga nas sepulturas inferiores, cousa que se solucionarán coas novas obras.
“Debido á importancia social e patrimonial que ten o noso Cemiterio Municipal” subliñara o Alcalde, “dende o Equipo de Goberno consideramos necesario pavimentar estas rúas que hoxe están sen pavimentar ou cun pavimento defectuoso, por iso queremos dignificar o lugar onde descansan de xeito definitivo os homes e mulleres que fixeron de Monforte a cidade que somos hoxe”.
As actuacións de mellora no pavimento das vías que se levarán a cabo abarcarán unha superficie total de 3.199,50 m², e desenvolveranse en 5 fases que se corresponden con 5 zonas diferenciadas, que serán as seguintes:
- Fase 1 (Zona Noreste): con actuacións de mellora en 708,60 m².
- Fase 2 (Zona Sureste): en 718,60 m².
- Fase 3 (Zona Noroeste): en 697,70 m².
- Fase 4 (Zona Suroeste): en 703,70 m².
- Fase 5 (Zona Sur): en 370,90 m².
As obras nas 5 zonas licitáronse conxuntamente e realizáranse de xeito continuado por fases para afectar o menos posible a actividade do cemiterio.
As obras que se levarán a cabo para a mellora das devanditas zonas, que posúen unha tipografía practicamente horizontal, consistirán na explanación do terreo, a demolición da soleira actual, coa colocación dun novo firme de formigón, así como coa colocación dunha rigola para recollida de augas pluviais, con sumidoiros para recollelas e que se conectarán á rede de pluviais existente, nas rúas principais.
En concreto, o planning de actuacións que se aplicará en cada unha destas 5 zonas será o seguinte:
En primeiro lugar, procederase á demolición das zonas do pavimento que é necesario levantar.
Seguidamente realizarase a explanación do terreo afectado a man, con carga e transporte de terras e escombros a vertedoiro.
Tamén procederase ó corte de pavimento nas zonas nas que se colocará a rigola e nas gabias para augas pluviais.
Colocaranse as canalizacións de pluviais, os sumidoiros e as arquetas nos puntos designados, previamente á colocación dunha rigola de formigón polo centro da rúa na que desembocan todas as canalizacións de pluviais.
Por último, procederase á colocación do novo pavimento de soleira de formigón armado de 10 cm. sobre encachado de pedra.
“Creo que se trata dunha inversión moi importante, de máis de 220.000 euros de investimento, que sen dúbida mellorará os servizos que o Cemiterio Municipal ofrece ós seus usuarios, que son a inmensa maioría dos veciños e veciñas de Monforte”, subliñou o Alcalde.
E subliñou José Tomé indicando que “o cemiterio é un espazo de recollemento e á vez que recollen un gran patrimonio cultural. Nel descansan defuntos máis coñecidos e outros moitos cidadáns anónimos que en vida conviviron na cidade, en definitiva, todos eles monfortinos e monfortinas. Con esta actuación queremos que os nosos veciños se atopen a gusto e poidan transitar con comodidade polas súas rúas interiores, para visitar ós seus defuntos e para coidar ás súas tumbas ou nichos”.
“Porque ademais, o noso cemiterio é visitado a diario por moitos dos nosos veciños, e por xente de fora, que teñen ós seus familiares e amigos enterrados aquí”.