-José Tomé inaugurou esta tarde os novos parasois do Campo de fútbol da Pinguela no partido disputado ás 17:30 h entre o Club Lemos e o Santirso S.D. poñendo solución a un problema co funcionamento dos vellos parasois que o campo viña arrastrando dende hai anos.
-Xusto ó inicio do encontro, o Alcalde acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Servizos e Medio Rural, José Luis Losada, e o Presidente do Club de fútbol Lemos, Antonio López, activaron o sistema de apertura dos toldos que está motorizado e automatizado, a través de tres mandos, que mandan a distancia, a sinal de apertura dos parasoles.
-“Coa nova solución aportada, que consistiu na instalación de 17 toldos de 5,60 x 4,50 metros, e cos seus correspondentes 17 motores para estendelos ou recollelos, o público que asista ás competicións deportivas que se desenvolvan no Campo da Pinguela, xa non se verá afectado pola incidencia do sol ou da auga”, destaca o Alcalde monfortino.
-A inversión que alcanzou un total de 111.414,50 euros (IVE engadido) supón, tal e como explicou Tomé “unha nova acción de mellora neste campo municipal de fútbol da Pinguela, tras levar a cabo nos últimos anos a renovación do céspede do terreo de xogo, a instalación dunha nova iluminación interior e exterior do campo e das pistas de atletismo, ou dun novo videomarcador Led”.
-Xunto con esta última acción de renovación dos parasois do Campo da Pinguela, o Executivo de José Tomé, leva investido nos últimos anos 310.000 €, en números redondos, nesta instalación deportiva (309.769,28€), o que demostra o compromiso deste Goberno municipal coas instalacións deportivas da cidade.
Monforte de Lemos, 6 de abril de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, polo Concelleiro de Medio Ambiente, Servizos e Medio Rural, José Luis Losada, e polo Presidente do Club de fútbol Lemos, Antonio López, inaugurou hoxe, os novos parasois do Campo de fútbol municipal de A Pinguela, un novo proxecto de mellora dunha infraestrutura deportiva da cidade, que, neste caso, aportou a solución dun problema co funcionamento dos vellos parasois do Campo de A Pinguela, que este campo viña arrastrando dende hai moitos anos”.
O Campo Municipal de Fútbol da Pinguela conta cunha bancada nun dos seus laterais. Dada a orientación suroeste desta bancada, fai uns 20 anos colocáronse uns toldos automáticos no extremo da cuberta, para protexer do sol e da choiva ós espectadores, xa que nas horas en que se adoitan disputar os partidos, o sol está moi baixo e molesta directamente de fronte ós afeccionados situados nesa bancada.
Os toldos atopábanse moi deteriorados e obsoletos, e precisaban ser substituídos por uns novos e de mellor calidade. É por iso que dende o Executivo de José Tomé decidiuse acometer o desmonte dos elementos actuais e a posterior colocación duns toldos novos, de maior calidade, motorizados e automatizados, cun sistema de sensores vento-sol-choiva e uns mandos que permiten o seu accionamento de forma automática.
“Coa nova solución aportada, que consistiu na instalación de 17 toldos de 5,60 x 4,50 metros, no extremo da cuberta do graderío, e cos seus correspondentes 17 motores para estendelos ou recollelos, o público que asista ás competicións deportivas que se desenvolvan no Campo da Pinguela, xa non se verán afectados pola incidencia do sol ou da choiva”, destaca o Alcalde monfortino.
Desta forma, coas actuacións proxectadas, o Equipo de Goberno, buscou mellorar o confort dos espectadores que acoden a esta infraestrutura deportiva municipal, e mellorar a seguridade das instalacións retirando uns elementos obsoletos e substituíndoos por uns novos e de mellor calidade. “En definitiva, conseguiuse un graderío mellor acondicionado, que ofrece unhas mellores condicións para os espectadores que o utilizan para contemplar os diferentes eventos deportivos que acolle este campo”.
Os toldos proxectados son modelo Monoblock de medidas 5,60 m. de ancho x 4,50 m. de lonxitude con ferraxes de aluminio lacado en cor branca, tornillería e pasadores en aceiro inoxidable.
A lona de cada un deles é acrílica con tratamento antipútrido, repelente á sucidade e contan cunha garantía de cor de polo menos 5 anos.
Cada toldo está motorizado e automatizado, e inclue unha célula vento-so-choival, que permite que os toldos se abran ou pechen en función da incidencia destes elementos climatolóxicos. O sistema dispón dun sensor e un mando por cada 6 toldos.
José Tomé salientou que “esta é unha nova acción de mellora neste campo municipal de fútbol da Pinguela, tras levar a cabo nos últimos anos a renovación do céspede do terreo de xogo, a instalación dunha nova iluminación exterior do campo e das pistas de atletismo, ou dun novo videomarcador Led”.
En concreto, o Alcalde destinou para a renovación do céspede do terreo de xogo 48.309,25€, para a iluminación do campo, en dúas fases 79.863,96 € e 45.275,01€, e para o novo videomarcador 24.906,56 euros.
Xunto con esta última acción, que supuxo a renovación dos parasois do Campo da Pinguela, o Executivo de José Tomé, leva investido nos últimos anos 310.000€ nesta instalación deportiva (309.769,28€), “o que demostra o compromiso deste Goberno municipal coas instalacións deportivas da cidade”.