-Son o X Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros, o IX Concurso de Decoración de Balcóns e o XII Concurso de Traxes Medievais, para os que o Alcalde e o seu Equipo de Goberno destinou 3.200 euros en premios, un 60% mais que en edicións anteriores.
-O obxectivo da convocatoria destes concursos é, como en anos pasados, dinamizar e potenciar a participación e desenvolvemento da Feira medieval de Monforte animando tanto ós establecementos como ós veciños a que engalanen a cidade para a celebración da Feira medieval.
Monforte de Lemos, 20 de abril de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de entregar os premios dos tres concursos convocados na Feira Medieval 2025
O obxectivo dos concursos é animar ós monfortinos e visitantes a implicarse na Feira Medieval e ser protagonistas activos da mesma xa que tal e como afirma o Alcalde, a colaboración cidadá nos preparativos da Feira Medieval, é unha parte esencial para acadar o resultado final que todos estes anos se conseguiu. Para estes tres concursos, o Concello destina máis de 3.200 euros en premios, que supón un 60% mais que en edicións anteriores, co obxectivo de motivar á participación dos cidadáns nas tres modalidades de concursos convocadas
IX Concurso de Decoración de Balcóns
O obxectivo deste concurso é premiar os tres mellores balcóns, así como fachadas, ventás, ou entradas de casas e edificios, que polo seu enxeño e ambientación medieval merezan a consideración do xurado, e así incentivar os monfortinos e os visitantes á participación e á ambientación nos actos organizados con motivo da Feira Medieval.
Os premiados foron:
1º PREMIO: Asociación de veciños A Pinguela
2ª PREMIO : M. Belén Prieto Robisco
3ª PREMIO: Oriana Sulheyll López Caballero
Accesit: Asociación Española Contra o Cancro no balcón de Mª Milagros Aira Rodríguez
X Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros
O obxectivo deste concurso é premiar os tres mellores establecementos que polo seu enxeño e ambientación medieval merezan a consideración do xurado, e así incentivar os monfortinos e os visitantes á participación e á ambientación nos actos organizados con motivo da Feira Medieval.
1º PREMIO: O Salgueiral
2ª PREMIO : Chuladas y más
3ª PREMIO: Pizzería Versalles
Accesit: Carpe Diem
XII Concurso de Traxes Medievais
O obxectivo deste concurso é premiar os mellores traxes medievais que luzan os participantes inscritos, e así incentivar tanto nos monfortinos e nas monfortinas, coma nos visitantes, a súa participación e á ambientación nos actos organizados con motivo da XXI Feira Medieval.
Categoría Parella Adulto:
1º PREMIO: Héctor Manuel Díaz López, Alba Fuentes Pavón e Martina Díaz Fuentes.
2ª PREMIO : Sara García Mazas e Mª del Carmen Figueiras Pérez
Categoría Individual Adulto:
1º PREMIO: Miryam Losada Rodríguez
2ª PREMIO : José Iglesias Díaz
Categoría Parella Infantil:
1º PREMIO: Mateo e Leo díaz Uceira
Categoría Individual Infantil:
1º PREMIO: Noa Neira Copa
2ª PREMIO : Sara Neira Copa