Monforte de Lemos, 20 de febreiro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer os gañadores do Xoves de Compadres, iniciando así as actividades programadas arredor do Entroido 2025.
Para o concurso do Xoves de Compadres, a Concellería de Cultura de Monforte levou a cabo tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursou na Praza de España.
En concreto, estes foron o número de participantes anotados:
- Barrios Colectivos: participaron 7 asociacións coun total de 42 compadres
- Barrios individual: 8 participantes con 15 compadres en total
- Centros de ensino colectivo: 2 centros
- Centros de ensino individual: 2 centros
- Plaza de España individual: 2
Cabe recordar que para esta edición de 2025, dende o Equipo de Goberno decidiuse incrementar a partida de premios en 4.000 €, alcanzando os 25.000€, que é un 19% máis que en 2024 (21.000€) e un 39% máis que en 2023 (+7.000€, 18.000€).
Para o Xoves de Compadres destináronse 2.000€ en premios, 100€ máis que en 2024. “O obxectivo é animar á xente a que participe nestes concursos e contribúa ó éxito do noso Entroido” salientou o Alcalde, José Tomé Roca.
Tras a comunicación dos gañadores, levouse a cabo a queima do Compadre oficial, que como todos os anos foi elaborado pola asociación Albores.
PREMIOS XOVES COMPADRES DO CONCELLO DE MONFORTE 2025:
-Crítica social- Roma, Asoc. Fam. de Enfermos de Alzheimer Monforte AFAMON, 150 €.
-Barrios colectivo:
Accésit - Tradición zapateira en Monforte, Asoc. Veciños Barrio de Cobas, 75 €
Accésit - Roma, Asoc. Fam. de Enfermos de Alzheimer Monforte AFAMON, 75 €
2º - Ultimiiiiisima hora, Asociación Prodeme, 120 €
2º- Taller de alta costura, San Julian de Tor, 120 €
1º - Monforte non queda sen relevo xeracional, Asociación Agora -centro ocupacional, 150 €
-Barrios individual (ata 3 compadres):
Accésit - Accesibilidade im-posible, Asociación Agora -Centro día 50 €
Accésit - Jardineros de Monforte, Mª Matilda Corral –Peluquería Internacional, 50 €
Accésit - Xurado Patrimonial, Centro Viño Ribeira Sacra, UTE Novas Santiago, 50 €
2º - Peregrino con Perrigrino, Oficina de Atención ó Peregrino, UTE Novas Santiago, 75 €
1º - Labrego vai arrincar patacas á eira, Matilda Somoza González (Guntín), 100 €
-Praza de España individual
2º - Huggy Wuggy llegó a Monforte ¡a jugar!, Abril Blanco Rajo, 75 €
1º - Polo Camino de inverno veño, e en Monforte me deteño, Adelina Deus González, 100 €
-Centros ensino colectivo (Máis de 3 compadres)
1º - 75 aniversario Castelao, Colexio Ferroviario, 150 €.
-Centros ensino individual
2º - Gaiteiro Gandariño, CEIP Plur. A Gándara, 75 €
1º- Modelo deseño infantil, ANPA Colexio Escolapios, 100 €