O Alcalde asina a toma de posesión da nova Interventora do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 19 de xaneiro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asinou na mañá de hoxe a acta da toma de posesión da nova Interventora do Concello de Monforte, Rosa Abelleira Fernández.

A nova Interventora é funcionaria da Administración Local con Habilitación de carácter Nacional, e exercerá o desempeño deste carto en rexime de acumulación, pois tamén é a Interventora da Deputación de Lugo.

Rosa Abelleira levou a cabo o xuramento de cumprir fielmente as obrigas do cargo, e de gardar e facer gardar a Constitución.

Na sinatura, tamén estiveron presentes o Secretario do Concello, José Antonio Mourelle, e a Tenente de Alcalde, Gloria Prada.

O Alcalde deulle a benvida a Monforte e manifestoulle os seus mellores desexos no desempeño do seu novo posto, ó servizo dos monfortinos e monfortinas.

Tras a súa toma de posesión, Rosa Abelleira comezou o seu traballo ó fronte do departamento de Intervención do Concello.