Monforte de Lemos, 21 de febreiro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa a todos os monfortinos e monfortinas que o vindeiro pleno da Corporación municipal, que se celebrará este luns 24 de febreiro, xa se poderá seguir en directo dende un ordenador ou un teléfono móbil, a través do enlace:
https://videopleno-monfortedelemos.deputacionlugo.org/live
Esta nova actuación do Executivo de José Tomé, que facilita a transparencia e o acceso ós cidadáns ás sesións plenarias en directo desde un dispositivo electrónico, foi posible grazas ó investimento de 67.801,61 euros provinte da Deputación de Lugo, a través do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática e dos fondos NextGeneration da Unión Europea.
Esta liña de axudas permitiu abordar unha profunda renovación do sistema audiovisual do Salón de Plenos do Concello, a cal consistiu na instalación dun sistema de gravación, automatización e dixitalización das sesións do Pleno da Corporación municipal.
Do mesmo xeito, este sistema permite gravar ou emitir en directo calquera acto que se celebre neste Salón de Plenos.
Para elo, leváronse a cabo as seguintes actuacións:
- Revisión e mellora do cableado de rede do Salón de Plenos, coa canalización de rede en teitos e paredes.
- Instalación dun Software de gravación, que permite a xeración custodia e publicación de videoactas.
- Renovación de todos os micrófonos, con microfonía Bosch CCSD-DS.
- Instalación de 3 Cámaras Full HD PTZ de 360 grados, no teito do Salón de Plenos, que recollen a imaxe de xeito panorámico e que permiten a realización de zooms automáticos por detección de voz, enfocando á persoa que fala.
- Instalación dunha unidade de inxesta, gravación, realización e emisión en streaming con soporte para as tres cámaras.
- Renovación da unidade de control de tempos, cuxo manexo corresponde ó Alcalde no transcurso das sesións plenarias.
- Instalación dunha unidade de control de gravador e DAFS (Supresor de realimentación acústica dixital).
- Un equipo de sobremesa para edición, configuración e seguimento.
- Instalación dun Router 3 en 1, que integra router, saída PoE+ e que ten capacidade de xestión centralizada.
“Este novo sistema audiovisual de nova xeración co que xa conta o Salón de Plenos de Monforte, permitirá, ademais de poder seguir en directo os Plenos da Corporación Municipal ou calquera outro acto que se considere dende o Equipo de Goberno, automatizar o proceso de creación da acta dos plenos municipais a través da implantación deste sistema, que permite gravar a sesión e que esta gravación serva como base para a xeración da videoacta do pleno, de acordo co Decreto 25/2018 de 15 de febreiro sobre os libros de actas e de revolucións das entidades locais galegas”, explicou o Alcalde.
Neste senso, as videoactas das sesións do Pleno do Concello de Monforte, pódense consultar en: https://videopleno-monfortedelemos.deputacionlugo.org/
O novo sistema permite substituír, con validez legal, as transcricións a texto das actas das sesións plenarias, por videoactas que inclúen a gravación completa do Pleno da Corporación, así como o indexado e minutado dos puntos da orde do día correspondentes.
Tamén permite a gravación do son con independencia da imaxe, o cal posibilita a gravación de xuntanzas nas que se require a gravación das intervencións pero nas que non é necesario gravar imaxes.