Monforte de Lemos, 16 de abril de 2025. Monforte será a sede do Preeuropeo de Voleibol feminino na categoría sub-16 que se celebrará os días 25, 26 e 27 de abril e a selección española xa está a adestrar no Pavillón Municipal de A Pinguela dende este luns, 14 de abril.
A Tenente Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán e o Concelleiro de Medioambiente, Servizos, Obras e Medio Rural, José Luis Losada, achegáronse hoxe pola mañá en representación do Alcalde, que non puido acudir por problemas de axenda, ó polideportivo municipal de A Pinguela, para dar a benvida ás xogadoras da selección, durante unha das súas xornadas de adestramento.
Gloria Prada en representación do Alcalde de Monforte, que non puido achegarse ata o pavillón, por atoparse de viaxe de traballo, quixo transmitirlles ánimo e forza para os próximos días, dende o convencemento de que a selección está a facer todo o esforzo posible para acadar o mellor resultado no Campionato Preeuropeo. As 16 xogadoras que estaban nunha das súas sesión de adestramento liderada polo seleccionador español, Juan Carlos Suárez, agradeceron o xesto de cariño e manifestaron o seu entusiasmo ante a competición que se celebrará nos próximos días.
Os adestramentos tanto físicos como tácticos, continuarán ata o 24 de abril, pensando nos partidos da segunda ronda do preeuropeo, que se celebrarán os días 25, 26 e 27 de abril en Monforte de Lemos.
A clasificación para xogar o Campeonato Europeo, desputarase entre as dúas seleccións mellor clasificadas das catro que participan nesta competición, que son Austria, Finlandia, Italia e España e que xogarán os días 25, 26 e 27 ás 17:00 e ás 19:30 h no Pavillón de A Pinguela. A selección española xoga os días 25, 26 e 27 ás 19:30 horas, contra Finlandia o venres, día 25, contra Austria, o sábado día 26 e contra Italia, o domingo 27.
A entrada é completamente gratuita e dende o Concello de Monforte queremos animar a todos os monfortinos e aficcionados do voleibol e do deporte en xeral, a que se acheguen os días 25, 26 e 27 de abril ó Pavillón Municipal de A Pinguela para desfrutar desta competición e para animar á nosa selección a que acade os mellores resultados posibles.
O Alcalde tamén quere transmitir a súa satisfacción porque esta competición de alto nivel se celebre en Monforte convertendo a nosa cidade como referente do voleibol e agradece á Federación Española de Voleibol e ós Clubes Korbis e Ribeira Sacra todo o traballo que están a facer por esta disciplina deportiva na cidade, así como a súa iniciativa por traer a Monforte esta competición.