O Executivo de José Tomé inviste 140.000€ na renovación da sinalización horizontal de 128 rúas da cidade

Monforte de Lemos, 8 de marzo de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta da apertura do prazo de presentación de ofertas para a licitación do contrato de renovación e mantemento da sinalización horizontal das vías e espazos públicos que son competencia do Concello.

“Trátase dunha inversión certamente relevante, xa que destinamos un orzamento de 139.828,38 €, ive engadido, e que suporá a mellora da sinalización horizontal a través de 128 actuacións en rúas e vías de titularidade municipal ó longo de todo o Concello.

O prazo para a presentación de ofertas, unha vez publicada a licitación na Plataforma de Contratos do Sector Público, está aberto ata o 31 de marzo de 2025.

Logo de que remate o prazo de presentación de ofertas, as correspondentes mesas de contratación está previsto que se celebren o mércores 2 e mércores 9 de abril, ás 9 horas.

Os criterios de adxudicación serán:

-Prezo: 60 puntos

-Memoria técnica: 40 puntos

Unha vez adxudicados os traballos de mellora e mantemento da sinalización horizontal da cidade, estímase que o desenvolvemento dos mesmos sexa de 2 meses.

 

Traballos a executar

O adxudicatario realizará todos os traballos necesarios, incluíndo a aportación de materiais, maquinaria, utillaxe, equipamentos,  etc., para renovar a sinalización horizontal existente nas rúas ou espazos públicos que se relacionan a continuación, ou, no seo caso, das partes das mesmas que especificamente se indiquen cando a renovación sexa limitada a un tramo ou tramos específicos da vía de que se trate, así como as modificacións, adaptacións de mellora e dotación de novos elementos de sinalización que se determinen.

A entidade ou persoa adxudicataria renovará a totalidade das marcas viais e sinais horizontais existentes nas vías obxecto de actuacións, facéndoo sempre na forma, dimensións e cores preexistentes, salvo no caso en que pola Policía Local ou polo servizo que detemine o Concello de Monforte de Lemos se lle requira para a aplicación de modificacións.

 

128 actuacións de mellora da sinalización horizontal en rúas e zonas públicas municipais

As rúas e zonas incluídas neste contrato son as seguintes:

  1. R/ Benito  Vicetto: Completa ata ligazón con  N-120.
  2. R/ Muíños de  Antero: Completa.
  3. R/ Ponte dos Picos: Baixada lateral a vía do ferrocarril, tramo de vivendas e enlace coa N-120.
  4. R/ Malvarón: Completa.
  5. Vivendas Valle de Lemos: Completa.
  6. R/ Eduardo Blanco Amor: Completa, ata Valle de Lemos.
  7. R/ Eduardo Pondal-Centeás: Comoketa ata Vivendas Valle de Lemos e zona de cruce final. Inclúe anexo de R/ Alexandre Bóveda.
  8. R/ Valle Inclán: Completa, ata finalización de zona dotada de beirarrúas, inmediacións entrada de Cerámica do Castelo.
  9. R/ Arosa: Completa.
  10. Camiño Sesvalde: Completa.
  11. R/ Filgueira Valverde: Completa.
  12. R/ As Cruces: Completa.
  13. R/ Chamoso Lamas: Completa.
  14. R/ Rioseco: Completa.
  15. R/ Poetisa María Mariño: Tramo de zona de vivendas – Exclúese a parte final entre a Pista de As  Curces e a entrada a Formigóns Rioseco.
  16. R/ Padre Feijoo: Completa.
  17. R/ Juan Montes: Completa-Inclúe ata glorieta de acceso a Porto Seco.
  18. R/ Condesa Pardo Bazán: Completa.
  19. R/ Rosalía de Castro: Parte dende enlace con Dr. López Suárez ata final.
  20. R/ Dr. López Suárez: Completa.
  21. R/ Vilanova: Completa.
  22. R/ Ponte da Virxe: Completa.
  23. R/ Coruña: Completa.
  24. R/ Caneiro: Completa.
  25. R/ Doutor Casares: Completa, agás tramo entre enlace con rúa Caneiro e final.
  26. Baixada de Dr. Casares a Malecón: Completa.
  27. R/ Malecón: Completa.
  28. R/ Cabe: Completa.
  29. R/ Hortas: Completa.
  30. R/ Morín, 1-317: Completa ata Geriatros.
  31. R/ San Pedro: Completa.
  32. R/ Carlos Casares: Completa, agás delimitación estacionamento en batería.
  33. R/ Avelino Cachafeiro: Completa.
  34. R/ Jacinto Benavente: Completa.
  35. R/ Juan Ramón Jiménez: Completa.
  36. R/ Zapardiel: Completa.
  37. R/ Leopoldo Calvo Sotelo: Completa.
  38. R/ Lagares: Completa.
  39. R/ Florida: Completa.
  40. Praza da Florida: Completa.
  41. R/ Real: Completa.
  42. R/ Central: Completa.
  43. R/ Germán Vázquez: Completa.
  44. Estacionamento R/da Cerca: Completa.
  45. Praza do Piñeiro: Completa.
  46. R/ Estrela: Completa.
  47. R/ Dr. Fleming: Completa.
  48. R/ Corna: Completa.
  49. R/ Ricardo Quiroga: Completa.
  50. R/ Santo Domingo: Completa.
  51. Praza de España: Completa.
  52. R/ Julio Camba: Completa.
  53. Plazuela do Conde: Completa.
  54. R/ Inés de Castro: Completa.
  55. R/ Roberto Baamonde: Completa.
  56. R/ Ramón Otero Pedrayo: Completa.
  57. R/ Poeta Lois Pereiro: Completa.
  58. R/ Miguel de Cervantes: Completa.
  59. Avenida de Galicia: Completa.
  60. R/ Celso Emilio Ferreiro: Completa.
  61. R/ Sarria: Completa.
  62. R/ Malloadas: Completa.
  63. R/ Conde: Completa.
  64. R/ Cardeal- Ponte Fontecha: Completa.
  65. Estacionamento Compañía: Prazas de usuarios con mobilidade reducida e entrada.
  66. R/ Compañía: Completa.
  67. R/ Paseo de Lugo: Completa.
  68. R/ Dalmiro de la Válgoma: Completa.
  69. R/ Francisco Moure, 1-54: Completa.
  70. R/ Reboredo: Completa.
  71. R/ Reboredo-Travesía: Completa.
  72. R/ Castelao: Completa.
  73. R/ Duquesa de Alba: Completa.
  74. R/ San Lázaro: Completa.
  75. R/ Carude: Completa.
  76. R/ Aceña Nova: Completa.
  77. R/ Sober: Completa, inclúe ata instalacións do Obradoiro de Emprego, incluído.
  78. R/ A Pinguela, Bloques: Completa.
  79. R/ Paredes: Completa.
  80. R/ Rof Codina: Completa.
  81. R/ Ourense-ata Distriz: Completa, inclúe ata ponte sobre o río Cinsa.
  82. R/ Poetisa Sara Cao: Completa.
  83. R/ Camilo José Cela: Completa.
  84. R/ Conde Froilá Díaz: Completa.
  85. R/ Pedro de Veer: Completa.
  86. R/ Amador López Espinosa: Completa.
  87. R/ Diego de Lemos: Completa.
  88. R/ Ribas do Sil: Completa.
  89. R/ Do Río: Completa.
  90. Travesía Perfecto: Completa.
  91. R/ Pantón: Completa.
  92. R/ Santiago: Completa.
  93. Travesía Cobas-Pantón: Completa.
  94. R/ Tomás Vázquez: Completa.
  95. R/ Cobas: Tramo dende enlace con R/ Tomás Vázquez ata final.
  96. Parque da Gardería: Tramo de enlace con R/Cobas.
  97. R/ Teceláns: Completa. 
  98. R/ Chantada: Completa. 
  99. R/ Veiguiña: Completa. 
  100. R/ Ferrol: Completa. 
  101. R/ Saviñao: Completa. 
  102. R/ Roberto Martínez Andrade: Completa. 
  103. Entrada Supermercados-R/ Chantada: Completa. 
  104. R/ Lemavos: Completa. 
  105. R/ Carballedo-Chantada: Completa. 
  106. R/ Vigo: Completa. 
  107. R/ Antón Avilés de Taramancos: Completa. 
  108. R/ Amador  López Cuevillas: Completa. 
  109. R/ Abeledos-Fabeiro: Completa. 
  110. R/ Luís Pimentel: Completa. 
  111. R/ Antón Vilar Ponte: Completa. 
  112. Travesía  Abeledos-Campo Dehesa: Completa. 
  113. R/ Alonso Ríos: Completa. 
  114. Camiño Real de Seoane: Completa. 
  115. Campo de San Antonio: Completa. 
  116. Estacionamento-Traseiro R/Ourense: Completa. 
  117. R/ Abeledos: Completa. 
  118. R/ Poeta Manuel María: Completa. 
  119. R/ Irmáns Dapena: Completa. 
  120. R/ Corredoira: Completa. 
  121. Camiño das Codesas: Completa. 
  122. R/ Santa Clara: Completa. 
  123. Camiño da Veiga: Completa. 
  124. R/ Manuel Antonio: Completa. 
  125. Camiño da Barxa: Completa. 
  126. R/ Mari Paz de Tor: Completa. 
  127. R/ Irmandiños: Completa. 
  128. Estrada Piñeira-A Vide: Completa.