Monforte de Lemos, 1 de marzo de 2025. O vindeiro martes 4 de marzo, o Concello de Monforte celebrará o seu día grande do Entroido 2024, co Desfile e concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido.
Finalizado o prazo de inscrición onte venres 28 de febreiro ás 14 horas, o Alcalde, José Tomé informa que “son 1.275 os participantes inscritos que optarán ós premios das diferentes categorías. É a cifra de participación máis alta dos últimos anos, que unida ás boas previsións climatolóxicas auguran a celebración dun bo Martes de Entroido. En 2024 foron 1.097 as persoas inscritas, polo que en 2025 son 178 persoas máis, un 16% máis”.
No Concello de Monforte anotáronse, nas diversas categorías de comparsas, 15 colectivos, e nas categorías individuais de 1 a 3 compoñentes, 11 inscricións. De concellos de fora de Monforte, anotáronse 14 comparsas diferentes, provintes de concellos tanto da provincia de Lugo, en concreto, Sober, Sarria, O Saviñao e Pobra de Brollón, como doutros concellos de Galicia, como Nogueira de Ramuín, Ourense ou Ferrol.
Cabe recordar que para esta edición de 2024, dende o Executivo de José Tomé decidiuse incrementar a partida de premios en 4.000 € con respecto a 2024 (21.000€), alcanzando os 25.000 euros, que é un 19% máis. “O obxectivo é animar á xente a que participe e contribúa ó éxito do noso Entroido” salienta o Alcalde.
Para o concurso do Martes de Entroido o Concello establece dúas modalidades, unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para disfraces e comparsas de fóra do municipio. No primeiro caso, destina 17.850€ en premios, que son 2.850€ máis que en 2024, un 19% máis. Para participantes de fora do Concello, este ano contarán con 3.150€ en premios, 850€ máis que en 2024, un 37% máis.
O primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes será de 1.500 euros e no caso das que sexan de fóra, con máis de 25 compoñentes, ascenderá a 600 euros. Haberá premios de 300 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escena e a mellor música en vivo, mellor humor e mellor crítica de actualidade.
Concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido
O Desfile de comparsas e disfraces do Concello de Monforte comezará o martes 4 de marzo ás 17:00 horas na praza da Estación. Percorrerá as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal Rodrigo de Castro e finalizará na praza da Compañía, onde a concelleira de Cultura, Marina Doutón, dará a coñecer ós ganadores e gañadoras do concurso. A xornada concluirá coa actuación da Orquestra Suavecito.
O xurado cualificará as comparsas na praza da Estación de 16:00 a 17:00 h. Os disfraces individuais concentraranse obrigatoriamente na praza da Estación ás 16:30 h, onde o xurado as identificará. Logo, tanto as comparsas como os disfraces serán cualificados por lugares indeterminados do percorrido.
Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.
COMPARSAS E DISFRACES DE MONFORTE DE LEMOS:
Comparsas de máis de 90 compoñentes: 2 comparsas inscritas.
1º premio: 1.500 euros
2º premio: 1.000 euros
3º premio: 800 euros
Comparsas entre 51 e 90 compoñentes: 7 comparsas inscritas.
1º premio: 800 euros
2º premio: 550 euros
3º premio: 400 euros
Comparsas entre 25 e 50 compoñentes: 2 comparsas inscritas.
1º premio: 700 euros
2º premio: 500 euros
3º premio: 350 euros
Comparsas entre 4 e 24 compoñentes: 3 comparsas inscritas.
1º premio: 500 euros
2º premio: 400 euros
3º premio: 300 euros
Individual Adultos de 1 a 3 compoñentes: 9 inscricións.
1º premio: 300 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 150 euros
Premios de 300 euros a:
- Mellor comparsa tradicional
- Mellor posta en escena
- Mellor crítica de actualidade
- Mellor humor
- Mellor música en vivo
Premios ás carrozas:
1º premio: 800 euros
2º premio: 600 euros
3º premio: 450 euros
Accésits:
- Comparsas con máis de 90 compoñentes: 400 euros
- Comparsas de 4 a 24 compoñentes: 200 euros
- Comparsas de 25 a 50 compoñentes: 200 euros
- Comparsas de 51 a 90 compoñentes: 300 euros
- Comparsas infantís: 75 euros
- Individual adulto: 100 euros
- Individual infantil: 75 euros
- Ás carrozas: 100 euros
Individual infantil de 1 a 3 compoñentes: 2 inscricións.
1º premio: 200 euros
2º premio: 150 euros
3º premio: 100 euros
Comparsas infantís de 4 compoñentes en adiante: 1 inscrición.
1º premio: 500 euros
2º premio: 400 euros
3º premio: 300 euros
COMPARSAS E DISFRACES DE FÓRA DE MONFORTE DE LEMOS:
Comparsas de 1 a 3 compoñentes: 3 comparsas inscritas.
1º premio: 250 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 150 euros
Comparsas de 4 a 24 compoñentes: 8 comparsas inscritas.
1º premio: 500 euros
2º premio: 400 euros
3º premio: 300 euros
Comparsas de máis de 25 compoñentes: 3 comparsas inscritas.
1º premio: 600 euros
2º premio: 450 euros
3º premio: 300 euros