A Xustiza reitera a legalidade do proceso urbanístico da Zona C, dándolle a razón novamente ó Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 2 de xullo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa dunha nova sentenza favorable ó Concello monfortino, relacionada coa denominada Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas.

Son xa varias as sentencias e autos favorables que dan a razón ó Concello en relación coa Zona C, e esta nova sentencia favorable confirma que estamos actuando de acordo coa legalidade”, destaca o Alcalde.

En concreto, trátase dunha sentencia ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo, relación co recurso contencioso administrativo interposto pola familia Conde no que solicitaba a nulidade do proxecto de reparcelación da Zona C, en base a unha serie de irregularidades, tras o “acuerdo de la Junta de Gobierno del Concello de Monforte de Lemos de fecha 16 de junio de 2021, por el que se resuelve aprobar definitivamente el Proyecto de Reparcelación de la Zona C”.

 

Desestimación e inadmisión do recurso presentado pola familia Conde

Para elo, os recurrentes planteaban, fronte ó acordo adoptado en dita Xunta de Goberno Local do 16/06/2021, un recurso-contencioso administrativo fundamentado nos seguintes motivos de impugnación:

  • Nulidad del proyecto de reparcelación por contravenir, modificándolo, el instrumento de planeamiento
  • Nulidad del proyecto de reparcelación por indebida aprobación municipal del dominio público hidráulico.
  • Restantes irregularidades del Proyecto de reparcelación: vulneración de los artículos 267.3 y 268 RLSG; 106.1 LSG y 270.1 RLSG; y 259.1 RLSG.

Sen embargo, na súa Sentencia, a número 57/2024 do 27 de marzo de 2024, o Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo, desestima o recurso contencioso-administrativo nos aspectos relativos ó instrumento de xestión no sistema de cooperación (para poder levar a cabo o proxecto da Zona C, o Concello tivo que modificar o sistema de actuación, aprobando o cambio de compensación a cooperacion).

Do mesmo xeito, tamén desestimou os defectos formais aducidos pola parte demandante, que denunciaba unha vulneración dos artigos 267.3 e 268 RLSG; 106.1 LSG ye270.1 RLSG; e 259.1 RLSG.

O Xulgado desestima o relativo á modificación da ordenación contida no instrumento de planeamento, indicando que “no se entiende que el proyecto de reparcelación haya vulnerado lo dispuesto en la ordenación detallada, ya que no se ha procedido a modificar la división poligonal establecida en la misma”.

Finalmente, en relación coa solicitude da familia Conde de nulidade do proxecto de reparcelación “por indebida aprobación municipal del dominio público hidráulico”, este aspecto foi inadmitido por parte do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo por “falta de legitimación activa en el motivo de impugnación referente a la falta de notificación individual a la Confederación Hidrográfica”.

Deste xeito, a Xustiza volve a confirmar a legalidade das actuacións que o Concello levou a cabo en relación co proxecto da Zona C, logo de que no pasado mes de maio dera tamén á razón á entidade municipal en relación co recurso contencioso administrativo interposto pola empresa Construcciones y Contratas Sánchez S.L.

José Tomé reitera a súa satisfacción “por esta nova resolución que volve dar a razón ó Concello, en relación coa Zona C, demostrándose unha vez máis que dende o Concello actuamos en todo momento conforme á lei e a dereito, no que se refire o proceso construtivo de dita zona da cidade”.

 

Antecedentes

O terreo, denominado “Zona C”, foi calificado como solo urbano non consolidado, polo Pleno do Concello de Monforte celebrado o 12 de abril do ano 2000, fai máis de 20 anos, sendo publicado no BOP de 26 de abril e publicado no DOG de 27 de abril dese mesmo ano. Mediante ese acordo plenario produciuse unha modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal, que permiten urbanizar esas zonas e poñelas ó servizo da cidade de Monforte.

Para poder levar a cabo esta urbanización, o primeiro paso dado foi levar a cabo o Proxecto de Reparcelación da “Zona C”, desenvolto pola empresa MONSA Urbanismo, e aprobado inicialmente na Xunta de Goberno do Concello, en data 23 de novembro de 2020.

O 9 de decembro de 2020, iniciouse o proceso de  notificación ós donos das parcelas afectadas por este proxecto, notificación que foi realizada polos Axentes da Cidadanía do Concello, domicilio a domicilio.

O seguinte paso foi a exposición pública durante un mes, que empezou a contar dende a notificación ós afectados polas fincas que se reparcelan.

A aprobación do proxecto definitivo así como a resolución das alegacións presentadas tivo lugar en Xunta de Goberno deste Concello o pasado 16 de xuño de 2021.

Rematados estes trámites administrativos, dende o Concello procedeuse a elaborar o proxecto construtivo, que unha vez elaborado, foi presentado hoxe polo Alcalde xunto co anuncio da licitación das obras do citado proxecto.

Unha vez adxudicado e contratada a empresa adxudicataria, Misturas Obras e Proxectos S.A. por un importe de 915.225,85 euros (IVE engadido), o Concello iniciou o 18 de xaneiro de 2022 as actuacións encamiñadas a urbanizar e dotar de servizos á Zona C.

Tras o remate das obras, o Alcalde, acompañado por diversos membros do Equipo de Goberno, inaugurou a Zona C o 15 de novembro de 2022.