Monforte de Lemos, 30 de maio de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que o Concello, continúa organizando actividades arredor da campaña internacional Quere o teu mercado.
Tras o éxito acadado coa xornada de degustación de produtos locais, celebrada polo Equipo de Goberno o pasado sábado 25 de maio, con nova esta iniciativa”, destaca o Alcalde, José Tomé Roca, “mañá celebramos unha xornada etnogastronómica para exaltar e promocionar os produtos da Praza de Abastos da nosa cidade”.
Neste senso, o rexedor monfortino indicou que “as prazas de abastos, a través de canles cortas de comercialización, garanten a calidade dos produtos alimentarios galegos, e nelas únese tradición e modernidade, a través da profesionalidade dos seus praceiros e praceiras”.
Xornada enogastronómica o venres 31 de maio ás 8 da tarde
Así, O Concello de Monforte de Lemos organiza mañá venres 31 a partir das 20:00 h. a segunda xornada etnogastronómica, poderase degustar viños da D.O Ribeira Sacra, xunto con produtos gastronómicos da Praza.
Nesta ocasión, a través de varios restaurantes locais e adegas poderase degustar as delicias culinarias da nosa gastronomía con tapas variadas e viños de adegas da D.O. Ribeira Sacra acompañados de música en directo do grupo monfortino “Segunda Parte”.
“Nas instalacións da praza de Abastos contaremos coa oferta de viños de catro adegas, así como tres restaurantes locais a través dos cales poderemos consumir diversidade de tapas elaboradas con produtos de primeira calidade, denominacións de orixe e produtos de proximidade”, explicou o Alcalde.
Tapas Restaurantes & Viños Adegas & Produtos Locais da Praza de Abastos
Restaurante Galicia
Gazpacho de cacheira
Salmorejo de tomate azul
Banderilla matrimonio
Cono de queixo curado á mencía con mermelada de froitos vermellos
Restaurante Juntos
Pizza de espinacas
Pizza de carne mixta
Pizza Búlgara
Pan Queixo
La Tapería
Empanadilla de polo e arroz
Ensaladilla
Croquetas caseiras de xamón
Tapas Praza de Abastos
Empanadas variadas
Tablas de queixos e embutidos
Tostas salgadas e doces
Viños da Ribeira Sacra
Adega Cruceiro
Adega Alouviño
Adega Viña Frieira
Adega Curuxo