Monforte de Lemos, 15 de outubro de 2024. A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, sinala que en relación á información difundida pola deputada do grupo popular, Dª Raquel Arias, en relación co Programa Xantar na Casa, que o Concello de Monforte e os usuarios do mesmo aportan máis do 50% dos ingresos que permiten o seu desenvolvemento, “polo que a señora deputada minte ó sinalar que é a Xunta quen financia este Programa en colaboración cos concellos, cando, neste caso é o Concello de Monforte xunto cos usuarios os que máis aportan para o desenvolvemento do mesmo”.
Deste xeito, a deputada popular obvia na súa comunicación que, sen as aportacións do Concello e dos usuarios, non sería posible o desenvolvemento deste programa de Xantar na Casa, xa que entre Concello de Monforte e os usuarios do mesmo, aportan o 53,34% (un 26,67% en cada caso), e a Xunta o 46,66%.
“O que non se pode permitir é que unha deputada con responsabilidades políticas, diga que este é un Programa no que a Xunta ten o maior protagonismo, cando non chega nin a financiar o 50% do mesmo, algo ó que xa estamos acostumados nos concellos, que seguimos asumindo competencias que nos son impropias e que corresponden á Xunta de Galicia”, sinala a tamén Concelleira de Servizos Sociais.
O custo do servizo de xantar é de 6,60 euros por menú. Desta cantidade a persoa beneficiaria achega o 26,67%, o Concello e Monforte achega o 26,67% e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar o 46,66% restante, é dicir que, o Concello aboa 1,76€/menú.
Cabe recordar que un dos dous piares fundamentais para o Equipo de Goberno nos seus orzamentos e no seu programa de goberno son os servizos sociais. Por elo, e en relación con este programa de Xantar na Casa, e para evitar as listas de agarda no mesmo, o Equipo de Goberno incrementou considerablemente en 2023 a súa aportación ó mesmo nos orzamentos municipais, concretamente un 57,80% máis que en anos anteriores, cun aumento de 8.236,80€. E mantivo este incremento no ano 2024, polo que a cantidade designada nos orzamentos municipais de 2024 para este programa é de 22.484€ en axudas.
“Este programa é moi importante para nós”, destaca a Tenente de Alcalde “porque grazas a el, moitos maiores poden seguir mantendo nos seus fogares unha alimentación saudable e sen esforzo. Deste xeito, dende o Concello damos cobertura total ós solicitantes deste programa, atendendo a 35 persoas na actualidade”.
Ademais, o incremento levado a cabo en 2023 e mantido en 2024 polo Concello fixo posible que non houbera listaxes de espera neste programa, atendéndose a todos os usuarios, a través das 35 prazas que se ofertan.
“Esta liña de acción é moi importante para nos porque gracias a ela, moitos dos nosos maiores poden seguir mantendo nos seus fogares unha alimentación saudable e sen esforzo”, conclúe a Tenente de Alcalde, “porque o noso obxectivo é o benestar dos nosos maiores, e das persoas en xeral, e por iso imos seguir apostando por políticas que axuden ós nosos cidadáns”.
Evolución do Programa Xantar na Casa
O programa Xantar na Casa é froito dun convenio de colaboración asinado en outubro de 2009 entre o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e o Concello de Monforte de Lemos.
En febreiro do ano 2020, dada a importancia do Programa que ten para os seus usuarios e visto a aumento da demanda por parte de persoas de avanzada idade con dificultades para realizar tarefas relacionadas coa compra e preparación de alimentos, o Concello de Monforte ampliou o número de persoas usuarias en 20 prazas cun total de 25 prazas.
Co fin de atender a todas as persoas que o demandasen, e mantendo a súa firme aposta por este servizo, en 2023, o Executivo de José Tomé, seguiu apostando por este servizo e volveu a incrementalo en 10 prazas, chegando as 35 prazas ofertadas actualmente.
A importancia do programa Xantar na Casa radica en que é un servizo de proximidade, do mesmo xeito que ou servizo de axuda non fogar, na modalidade libre concorrencia, ou o servizo de teleasistencia. Estes servizos son esenciais para Equipo de Goberno porque favorecen a permanencia non contorno habitual así como a calidade de vida das persoas usuarias.
As persoas beneficiarias do servizo de Xantar na Casa son na súa maioría persoas maiores de 60 anos que presentan limitacións na súa capacidade de autonomía persoal e con soporte familiar insuficiente ou precario.
Así mesmo, dende o Concello préstase apoio a persoas menores de 60 anos con discapacidade e/ou factores de risco de exclusión social. E cabe destacar a alta demanda por parte de unidades familiares formadas por matrimonios maiores de 80 anos e sen soporte familiar no contorno.
Actualmente o Concello de Monforte non conta con lista de espera neste Programa, polo que as altas resólvense nun prazo máximo de 15 días desde a solicitude.