A Tenente de Alcalde inaugura a quinta edición das xornadas de formación universitaria para maiores de 50 anos que a USC celebra en Monforte

Monforte de Lemos, 23 de maio de 2024. A  Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada inaugurou na tarde de hoxe no Centro Cívico de Monforte as xornadas “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento”, encadradas dentro un programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos, froito do acordo que a entidade monfortina estableceu coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). No acto estivo acompañada pola Directora do Programa Universitario de Maiores, Mª Esther Olveira Olveira.

O programa de formación universitaria, que por quinta vez se celebra en Monforte con estas características, está composto por diversos seminarios formativos, totalmente gratuítos. Neste senso, cabe destacar o éxito no número de inscricións, que se cifra en 42 persoas. Nestas xornadas, púidose inscribir calquera persoa maior de 50 anos, de xeito totalmente gratuíto, e non era necesario posuír ningunha formación previa específica.

A Concelleira destacou na súa intervención que “para o Equipo de Goberno do Concello e para Monforte é moi importante que se celebren este tipo de xornadas na nosa cidade, dirixidas á nosa poboación maior de 50 anos, que moitas veces non ten nin os recursos nin a oportunidade de acceder a este tipo de coñecementos”.

Neste senso, concluíu Prada “con este programa garantimos o dereito de todos os cidadáns ó acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos, é dicir, contribuímos á democratización do coñecemento entre os nosos cidadáns”.

 

PROGRAMA “Camiños de coñecemento e experiencia 2024” en Monforte

O programa de seminarios e activades prácticas desenvólvense no Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón) entre hoxe día 23 e o 31 de maio de 2024. Dito programa conta coas seguintes actividades teóricas e prácticas:

 

-Seminario: “O cine como linguaxe e sesión práctica: Rodaxe dunha curtametraxe sobre os refráns como elementos comunicativos.”

        23/05/2024 16:30-20:00 h.

Impartido por Álvaro Dosil Rosende, investigador da USC e profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

-Seminario: “Astronomía nun día solleiro: os reloxos de sol”.

24/05/2024 16:30-18:00 h

Impartido por Manuel Andrade Baliño, docente da Escola Politécnica Superior e do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.

-Sesión práctica de construción dun reloxo de sol e aprendizaxe do seu uso.

27/05/2024 16:30-18:00 h

Impartido por Manuel Andrade Baliño, docente da Escola Politécnica Superior e do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.

-Seminario: A educación para a cidadanía global e un consumo responsable.

28/05/2024 16:30-18:00 h

Impartido por Ana Lampón, Solidariedade Internacional e Colaboradores do Programa Universitario para Maiores IV Ciclo.

-Obradoiro práctico-xogo: A educación para a cidadanía global e un consumo responsable.

29/05/2024 16:30-18:00 h

Impartido por Ana Lampón, Solidariedade Internacional e Colaboradores do Programa Universitario para Maiores IV Ciclo.

-Seminario: O Parador de Monforte de Lemos.

30/05/2024 17:00-19:00 h

Impartido por Patricia Cupeiro López, profesora da Facultade de Humanidades e profesora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

-Percorrido cultural nos alendaños do parador de Monforte de Lemos.

31/05/2024 17:00-19:00 h

Impartido por Patricia Cupeiro López, profesora da Facultade de Humanidades e profesora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.