Monforte de Lemos, 4 de xuño de 2024. O Concello de Monforte informa que debido ás obras que se están facendo para a mellora da rede de saneamento e de abastecemento da cidade, prodúcense cambios de presión que provocan roturas en dita rede.
Por este motivo, estase a traballar para restablecer o corte no subministro de auga na rúa Francisco Moure, no Reboredo dende o paso a nivel cara ó Polígono, e na Lagoa e no Barrio da Regueira, en Piñeira.
Está previsto que a media tarde poida ser reestablecido o servizo.
Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e reiterarlles as desculpas polas molestias que estes traballos de mellora están a ocasionar.