O Concello de Monforte celebra un exitoso Martes de Entroido coa participación 1.200 inscritos no Desfile de Comparsas e Disfraces

Monforte de Lemos, 13 de febreiro de 2024. O Concello de Monforte celebrou hoxe o seu día grande do Entroido 2024, o Martes de Entroido, co Desfile e concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido. A última hora, varios dos colectivos anotados ó concurso comunicaron un incremento de participación no que é o seu número de compoñentes, polo que finalmente foron 1.200 os participantes inscritos que optaron ós premios das diferentes categorías. A eles engadíronse centos de persoas que se disfrazadon fora de concurso, e que fixeron, xunto cos monfortinos e visitantes que ateigaron as rúas polas que transcorreu  o desfile, que este Martes de Entroido en Monforte resultara ser todo un éxito, no que ademais acompañou a climatoloxía.

Cabe recordar que para esta edición de 2024, dende o Equipo de Goberno decidiuse incrementar a partida de premios en 3.000 €, alcanzando os 21.000€, que é un 16,60% máis que en 2022 e 2023, anos en que foron repartidos 18.000€ en premios. “O obxectivo foi animar á xente a que participase nos distintos concursos e actividades, contribuíndo así ó éxito do noso Entroido” salienta o Alcalde, José Tomé Roca.

Para o concurso do Martes de Entroido o Concello estableceu dúas modalidades, unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para disfraces e comparsas de fóra do municipio. No primeiro caso, destina 15.000€ en premios, e para os participantes de fora do Concello, 2.300€.

 

Concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido

O Desfile de comparsas e disfraces do Concello de Monforte comezou ás 17:00 horas na praza da Estación. Percorreu as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal Rodrigo de Castro e finalizou na Explanada da Compañía, onde a concelleira de Cultura, Marina Doutón, deu a coñecer ós ganadores e gañadoras do concurso. A xornada concluíu coa actuación da Orquestra Trébol.

A relación completa de premiados e premiadas do é a seguinte, con unha partida máxima de 15.000€ para Comparsas e Disfraces de Monforte, e de 2.300€ para Comparsas e Disfraces de fora de Monforte:

 

 

PREMIOS DESFILE DE COMPARSAS E DISFRACES 2024

 

COMPARSAS DE FORA  de 1 a 3 compoñentes

3º.- ANDALUZA, OLÉ!!   Mª del Carmen Toyos Fontenla -Ferro

2º.- EL MEJOR DE LOS BEATLES  Irene López  Salgueiro -Sanxenx

1º.- PICARONAS SACA POLVOS   Ana Mª Vizcaino González  - O Incio

----------------------------------------------------------------------------

COMPARSAS DE FORA  de 4 a 24 compoñentes

2º.-  KEN CARALLO É A BARBIE Comparsa De Cereixa

1º.-  EN-CAIXAS?  Tuimil Bóveda

----------------------------------------------------------------------------

COMPARSAS DE FORA  máis de 25 compoñentes

3º.- A LENDA DOS SEURROS  ANPA Colexio Asunción de Sarria

2º.- SEÑORITAS E CARRABOLEIROS DE BOLMENTE 

1º.- SOBERNIRS DO MUNDO  Concello de Sober

 

PREMIO Ó MELLOR HUMOR

- CARUDE: UN BARRIO DE PELÍCULA  Comparsa barrio Carude

----------------------------------------------------------------------------

PREMIO Á POSTA EN ESCEA

- ECOS DEL ROCÍO  Asoc. Cult. Os Xograres de Lemos

----------------------------------------------------------------------------

PREMIO CRÍTICA DE ACTUALIDADE

- ORATUS FARIÑA Hector Manuel Díaz López

----------------------------------------------------------------------------

PREMIO ÁS CARROZAS

Accésit.-  MARIO BROSS CONQUISTA A RIBEIRA SACRA  María Sánchez Pérez

Accésit.-  A CABEZA NON PARA …  Asociación Prodeme

Accésit.-  ECOS DEL ROCÍO  Asoc. Cult. Os Xograres de Lemos

3º.- VIAXE EN GLOBO POLA RIBEIRA SACRA  Raquel Armesto Mourín

2º.- TERRA VERDE SEN PLÁSTICO Belarmino López löpez   Corredoira

1º.- CIRCO TROULA  grupo de amigos do barrio de Cobas

INDIVIDUAL INFANTIL

Accésit.-  BARBIE COWGIZL José Vázquez Vázquez

3º.-  LITTLE BARBIE Beatriz Rios

2º.-  ROBOT  Juan Miguel Rodrígues Ferreira

1º.-  NOVIA A LA FUGA  Abril Blanco –Leo Salgueiro

  ----------------------------------------------------------------------------

INDIVIDUAL ADULTO

Accésit.-  FLOR Y FAUNA Mª del Pilar Castillo González

Accésit.- ANITA Y SU OSITA Adelina Deus González 

Accésit.- ORATUS FARIÑA Hector Manuel Díaz Lópe

3º.-  PAÑALETAS Sebastián Dragos Tapu

2º.- YO MISMA Luisa Astray

1º  LA LOCURA DEL SOMBRERO Cristina Lobo Prieto

1º.- TÍTERES INFANTILES Mª Rocío Rguez. Gonda

    ----------------------------------------------------------------------------

COMPARSAS ENTRE 4 e 24 COMPOÑENTES

Accésit.-  A TÚA CARA SÓAME  Iván Fdez. Castro –C.E. Ferreiro

Accésit.- AS DONAS DA FERVENZA  Mª José garcía Díaz

Accésit.-  OPEN RIBEIRA SACRA Berta López Día

3º.-  FIRST DATES  Tamara Fraga Arias

2º.-  LA ILUSIÓN DE LAS BOLAS Mª Belén Calvo Mato 

1º.-  LAS ROSQUIS  Amador Rodríguez Araujo

1º.-  TERRA VERDE SEN PLÁSTICO Belarmino López löpez   Corredoira

----------------------------------------------------------------------------

COMPARSAS ENTRE 25 e 50 COMPOÑENTES

3º.-  LA OVEJA SHAUNCHEZ  Gullade

.- VIAXE EN GLOBO POLA RIBEIRA SACRA  Raquel Armesto Mourín

1º.- CIRCO TROULA  grupo de amigos do barrio de Cobas

----------------------------------------------------------------------------

COMPARSAS ENTRE 51 e 90 COMPOÑENTES        

2º.-  ECOS DEL ROCÍO  Asoc. Cult. Os Xograres de Lemos

2º.-  AVIALAE  Club Quicela Ximnasia Rítmica

1º.-  OS PAPAGÁNDAROS  ANPA A Gándara

----------------------------------------------------------------------------

COMPARSAS DE MÁIS DE 90 COMPOÑENTES

Accésit.-  A CABEZA NON PARA …  Asociación Prodeme

3º.-  CARUDE: UN BARRIO DE PELÍCULA  Comparsa barrio Carude

2º.-  ORQUESTA ORIGINAL  Colexio Ferroviario

2º.-  O REI LEÓN  ANPA A Lagoa CEIP Monforte

1º.-  OS ESPANTALLOS NA TORRE  Fundación Educativa Torre de Lemos