O Concello de Monforte organiza para este 10 de maio un espectáculo de música, poesía e narración dentro da súa programación arredor das Letras Galegas 2024

-O Concello de Monforte inclúe dento do seu programa das Letras Galegas 2024, este venres 10 de maio no Edificio Multiusos a partir das 20.15 horas, co espectáculo Indóciles, de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, no que a música, a poesía e a narración son as protagonistas.

-A entrada é gratuíta.

Monforte de Lemos, 7 de maio de 2024. Dentro da sua programación arredor do día das Letras Galegas, o Concello de Monforte ofrece este venres 10 de maio ás 20:15 no Edificio Multiusos a posta en escena do espectáculo Indóciles, de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut.

A entrada é gratuíta. Esta obra inclúese dentro do programa de dinamización do galego FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística en colaboración co Concello de Monforte de Lemos.

Sinopse

Neste espectáculo música, poesía e narración danse a man para achegar ao público a obra de Luísa Villalta no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Villalta foi unha autora comprometida e versátil, cun legado literario provocador e rebelde.

A proposta de Indóciles é tamén provocadora e rebelde, coa narradora oral Vero Rilo, a resitadora Nuria Vil e a música de Mónica de Nut.

Indóciles é un proxecto multidisciplinar que achega ao público a obra de Luísa Villalta, unha autora comprometida e versátil cun legado literario provocador e rebelde. Un espectáculo con narración, poesía e música con toda a forza da figura e obra dunha das máis interesantes poetas galegas.