Monforte de Lemos, 26 de febreiro de 2024. O Concello de Monforte informa ós veciños e veciñas da cidade que, segundo chamadas recibidas na centraliña de dito Concello por parte de veciños, parece ser que hai xente facendo controis polas casas sobre o estado da calidade de auga.
Dende o Concello, infórmase que non se está facendo ningún tipo de control ou análise destas características en relación coa auga, nin por parte de persoal do Concello de Monforte nin por parte da empresa Aqualia.
Polo tanto, trasladámoslles ós veciños que teñan precaución.