Monforte de Lemos, 30 de outubro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros da Corporación municipal, persoal do Concello e veciños e veciñas da cidade, sumáronse este mércores 30 de outubro ás 12 horas, na praza do Campo de San Antonio, ó minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en memoria dos falecidos, feridos e persoas afectadas polo temporal.
As fortes choivas e tormentas provocadas pola DANA, especialmente nas provincias de Albacete e da Comunidade Valenciana, ao longo do día de onte e da pasada noite, ocasionaron graves consecuencias nestes territorios, con perda de vidas humanas, persoas desaparecidas e grandes danos materiais.
Dende o Concello de Monforte secundouse este minuto de silencio en memoria das persoas falecidas, en apoio ás súas familias e amigos, coa confianza da pronta localización de quen se acha desaparecido, e en consideración a cuantos perderon os seus fogares por efecto do temporal.
Tamén dende o Concello trasladamos ós alcaldes e alcaldesas de todos os municipios afectados o noso afecto e respaldo nesta situación tan difícil.