O Alcalde pon en marcha unha mellora moi novidosa que sinalizará luminicamente todos os pasos de cebra do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 15 de xaneiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta hoxe en rolda de prensa ante os medios de comunicación “dunha actuación de mellora moi novidosa, pois non coñecemos outra cidade que a teña, que combinará iluminación con farolas e catadióptricos, que afectará ós pasos de cebra do casco urbano de Monforte de Lemos, e que sen dúbida contribuirá a que sexan máis visibles e estean mellor sinalizados”, indicou o rexedor municipal.

Un dos obxectivos do Executivo de José Tomé é mellorar integramente o conxunto do Concello e en particular, as rúas da cidade de Monforte, tanto no seu firme, como na súa sinalización.

Neste sentido, o Alcalde explicou que “a seguridade vial é un aspecto fundamental para o meu Equipo de Goberno e por iso decidín incluír dentro do proxecto de mellora da iluminación pública global deste Concello, un apartado que ten que ver coa seguridade, precisamente co tráfico”. Esta preocupación pola seguridade viaria tradúcese ademais en que dende o Concello procédese ó pintando todas as sinais viarias das rúas, en anos alternos, e os pasos de cebra, todos os anos.

Para lograr este obxectivo, o rexedor monfortino anunciou o inicio dos traballos de mellora da iluminación dos pasos de peóns que non teñen regulación por semáforos.


O Alcalde, José Tomé, acompañado na rolda de prensa pola Tenente de Alcalde e o Concelleiro de Obras e Servizos

“Para levar a cabo esta mellora, procedemos á colocación de farolas fronte ós pasos de cebra, para que se vexan mellor os peóns e tamén se sinalizarán luminicamente os pasos de peóns, co obxectivo de que os condutores teñan unha maior visualización, tanto dos propios pasos de peóns como da xente que os cruza”, subliña o Alcalde. Nalgún casos, algunhas farolas xa están colocadas, e se encenderán proximamente.

En concreto, o Equipo de Goberno vai colocar 42 farolas novas en 32 pasos de peóns, nos que a Policía Local determinou que son os máis transitados da cidade, e que se relacionan a continuación:


                                            Farola para paso de cebra xa instalada en Monforte

  • Rúa Morín-Residencia:  1
  • Rúa Coruña-Dr Casares: 1
  • Rúa Dr Casares-Club Fluvial: 2
  • Rúa Calvo Sotelo–Estación: 2
  • Rúa San Pedro-Instituto: 2
  • Circunvalación- Multiusos: 1
  • Rúa Corredoira-Circunvalación: 2
  • Hospital: 1
  • Rúa Chantada-Hórreo Fesport: 2
  • Rúa Chantada-Hórreo Gasolineira: 1
  • Rúa Chantada-Gadis: 1
  • Malecón-C. Social-Residencia: 1
  • Ponte Nova-Breogán: 1
  • Rúa Ourense-Asmédica: 2
  • Pinguela Instituto: 1
  • Rúa Conde-Correo:- 1
  • Compañía-Cristal: 1
  • Compañía-Carritos: 1
  • Compañía-JM: 1
  • Paseo Lugo-Parque: 1
  • Rúa Benito Vicetto-Supermercado Día: 1
  • Rúa Benito Vicetto Vivendas: 1
  • Entrada Aparcamento Parque Condes: 1
  • Rúa Ourense-Vivendas Sociais: 2
  • Rúa Roberto Baamonde-fronte Librería Contos: 1
  • Rúa Reboredo-Carnicería Víctor Manuel: 2
  • Rúa Dr. Casares-Daviña Rei: 1
  • Rúa Carude-Agora: 1
  • Rúa Ourense-Cervexería: 1
  • Rúa Hortas-Ponte Vella: 1
  • Rúa Roberto Baamonde-Inés de Castro: 2
  • Rúa Chantada-Lidl: 2

 

O rexedor monfortino explica que “onde resulte necesario colocaranse dúas farolas salvo en lugares onde xa haxa unha nun dos laterais do paso de cebra ou nas proximidades, e cando coincida con algunha entrada de edificios ou calquera outro obstáculo, colocárase unha farola soamente”.

Ademais da mellora da iluminación coa colocación de novas farolas especificas para os pasos de peóns referidos, tamén serán colocados 1.800 catadióptricos en 340 pasos de cebra, que son todos os pasos de cebra de Monforte.


                                         Catadióptrico

“En concreto, serán colocados 3 catadióptricos en cada sentido da marcha en todos os pasos de peóns da cidade, de forma que nos pasos de cebra das rúas de sentido único colocaranse 3 dispositivos reflectantes no sentido da marcha e nas rúas de dobre dirección serán colocados 6 catadióptricos, 3 en cada sentido da marcha”, salienta o Alcalde.

“Deste xeito os condutores terán o aviso de onde se atopa o paso de peóns sobre todo de noite ou con néboa, reducindo a velocidade e aumentando a súa atención pola advertencia que supón o reflexo das luces de cores nos dispositivos reflectantes” salientou José Tomé.

“Esta é unha medida moi novidosa e esperamos que sexa efectiva para aumentar a seguridade dos peóns, aumentando a tranquilidade para os condutores, para os peatóns e para o conxunto da cidadanía”.

O investimento nas novas luminarias coma nos catadióptricos que se coloquen nos pasos de peóns, ascende a 85.000€, ive incluído, solo os materiais, o que haberá que engadir o custe da man de obra.

Concretamente, a partida destinada ás farolas dos pasos de peóns ascende a 80.493€ e ós catadióptricos suporán 4.507€. E elo haberá que engadir a masa adherente para pegalos e colocalos na rúa.

“Con esta medida, agardamos que aumente a seguridade nos pasos de peóns da cidade, e queremos contribuír así a que diminúan os atropelos de persoas, que por desgracia, as veces acontecen nalgunhas rúas da nosa cidade”, concluíu o Alcalde.