Monforte de Lemos, 27 de agosto de 2024. O Concello de Monforte súmase mañá mércores 28 de agosto ó día mundial do Síndrome de Turner iluminando a Torre da Homenaxe de cor fucsia.
O síndrome de Turner é un trastorno xenético que afecta o desenvolvemento e a aparencia dunha nena. Tamén pode causar problemas de saúde como infertilidade e problemas do corazón. Ocorre debido a un problema cun cromosoma; os cromosomas son pequenos "paquetes" nas súas células que conteñen os seus xenes. Os xenes teñen información, chamada ADN, que controla como se ve e como funciona o seu corpo. Normalmente, as nenas reciben un cromosoma X de cada pai. A síndrome de Turner ocorre cando falta parcial ou completamente un dos cromosomas X.
O síndrome de Turner pode causar moitos síntomas diferentes. Os síntomas poden ser leves para algunhas persoas, pero para outras, a síndrome de Turner pode provocar serios problemas de saúde.
Algúns dos síntomas do síndrome de Turner afectan a aparencia dunha persoa, pois a maioría das persoas con este síndrome son máis baixas que a media. Tamén poden ter características físicas como un pescozo curto e con pel adicional, unha liña de nacemento de cabelo baixa na costas, orellas cunha posición baixa ou mans e pés inchados.
As persoas con síndrome de Turner poden nacer con defectos cardíacos e renais. En xeral, non teñen un desenvolvemento sexual típico e son infértiles. Tamén corren o risco de ter outras afeccións de saúde, como presión arterial alta, diabetes tipo 2, osteoporose e problemas de tiroides.
Non existe unha cura para o síndrome de Turner, pero existen tratamentos para algúns dos síntomas. Neste senso, os avances en tratamentos estéticos permiten corrixir manifestacións físicas.
Dende a Asociación Síndrome de Turner en España, insístese na importancia da súa detección o antes posible, para poñer todos os medios ó alcance das persoas afectadas, e mitigar ou evitar as súas consecuencias, así como dalo a coñecer ó público en xeral e ás propias afectadas, para ensinar pautas a seguir e así integrar con normalidade ás nenas afectadas.
As estatísticas indican que nace unha nena con síndrome de Turner por cada 2.500.