O Alcalde informa da continuidade das obras de mellora para a conexión da tubaxe xeral da rede de abastecemento de auga cun by-pass na rúa Rosalía de Castro con Dr. López Suárez

Monforte de Lemos, 23 de setembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que debido ás obras de mellora que o Concello de Monforte está a levar a cabo na rede de abastecemento de auga da cidade que abastece ó depósito de San Vicente, mañá martes 24 de setembro procederase á conexión da tubaxe xeral co by-pass na rúa Rosalía de Castro, que ben de ser executado para a mellora do saneamento en dita rúa.

Tras levarse a cabo a semana pasada a conexión da tubaxe xeral co by pass na intersección entre a rúa Coruña e a rúa Rosalía de Castro, mañá martes 24 de setembro, levarase a cabo a conexión na intersección entre a rúa Rosalía de Castro coa rúa Doutor López Suárez.

Por este motivo, levarase a cabo un corte no subministro, que non suporá o corte da auga, senón que so producirá unha baixada de presión na mesma, e que se levará a cabo o citado 24 de setembro, entre as 8 da mañá e as 6 da tarde (18:00 h).

As rúas que se verán afectadas por esta acción de mellora serán o Lugar de Reigada, e en ambas marxes das seguintes rúas: Rosalía de Castro, Doutor Casares, Concepción Arenal, Doutor López Suárez, Poeta Noriega Varela, Condesa Pardo Bazán, Vilanova, Morín, Rioseco, Juan Montes, Padre Feijóo, Ramón Cabanillas, Mato e rúa das Cruces.

Dende o Concello agradécecese a comprensión dos veciños e reiterarlles as desculpas polas molestias que estes traballos de mellora están a ocasionar.