Monforte de Lemos, 1 de abril de 2024. Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), o Concello de Monforte iluminará mañá martes 2 de abril na tarde noite a Torre da Homenaxe de cor azul con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
A campaña deste ano, a través do lema “Máis cerca do que crees” pon o foco en que todos temos moi preto a una persoa con autismo, xa que o 1% da poboación é autista.
O Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “estímase que 450.000 persoas teñen trastorno do espectro do autismo en España, cifra que se eleva a case un millón e medio de persoas vinculadas ao autismo se temos en conta tamén o impacto que produce nas súas familias. Para elas, o acceso á educación e ó emprego non son solo un dereito, senón tamén factores clave para a súa calidade de vida, e como resalta o lema deste ano, estas persoas tamén teñen todo o dereito a ter unha vida feliz. Por iso dende o Concello de Monforte sumámonos a esta campaña, co obxectivo de darlle visibilidade e apoio ás persoas, e ás súas familias, que padecen este trastorno”.
Cada ano miles de edificios emblemáticos de todo o planeta ilumínanse de azul para apoiar e dar visibilidade ás persoas con TEA e ás súas familias. Trátase dunha campaña mundial promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue, #LIUB), e apoiada por Autismo Europa, Autismo España e Autismo Galicia. No pasado ano 2023 ilumináronse en España máis de 500 monumentos.