Monforte de Lemos, 29 de xaneiro de 2024. Este xoves 1 de febreiro, o Concello de Monforte iniciará as actividades programadas arredor do Entroido 2024, coa celebración do Xoves de Compadres. Ata o 31 de xaneiro ás 2 da tarde está aberto o prazo para aqueles colectivos e persoas que queiran inscribirse neste concurso. O prazo para anotarse no Xoves de Comadres, rematará o 7 de febreiro, celebrándose o mesmo o día 8.
Cabe recordar que para esta edición de 2024, dende o Equipo de Goberno decidiuse incrementar a partida de premios en 3.000 €, alcanzando os 21.000€, que é un 16,60% máis que en 2022 e 2023, anos en que foron repartidos 18.000€ en premios. “O obxectivo é animar á xente a que participe nestes concursos e contribúa ó éxito do noso Entroido” salienta o Alcalde, José Tomé Roca.
Trátase da partida económica máis alta destinada polo Goberno de José Tomé para os premios dos diferentes concursos do Entroido. “Incrementamos os importes en practicamente todas as categorías, e especialmente os premios ás Carrozas e ás Comparsas do Martes de Entroido”, subliña o rexedor monfortino, quen anima “a todos os monfortinos e monfortinas a participar nos diferentes concursos de Entroido que convocamos”.
Concurso do Xoves de Compadres
Para o concurso do Xoves de Compadres, a Concellería de Cultura de Monforte ten previstas tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursará na Praza de España o propio xoves día 1.
Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.
Os premios para cada unha das convocatorias son os seguintes, tendo unha partida máxima de 1.900€:
Individuais 1º premio: 75 euros 2º premio: 50 euros Accésit: 25 euros |
Colectivos 1º premio: 120 euros 2º premio: 95 euros Accésit: 50 euros |
Outros premios -Premio á etnografía: 125 euros -Premio á crítica social: 125 euros |
As solicitudes para inscribirse no concurso do Xoves de Compadres terán que presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica do mesmo, dende o día seguinte á súa publicación na páxina web do Concello. O prazo para facelo rematará o vindeiro 31 de xaneiro ata as 14 horas.
O xoves 1 de febreiro, desenvolverase o concurso de Compadres, nas distintas categorías descritas. A partir das 17:30 h., na praza de España de Monforte terá lugar a concentración de Compadres, a comunicación dos gañadores e gañadoras co concurso, e a queima dos monecos do Compadre oficial.
Bases Compadres Entroido Monforte 2024
Solicitude inscrición concursos Entroido Monforte 2024
Formulario Anexo I Datos bancarios Entroido Monforte 2024
Formulario Anexo II Declaración negativa débedas Entroido Monforte 2024