Monforte de Lemos, 12 de febreiro de 2024. Mañá martes 13 de febreiro, o Concello de Monforte celebra o seu día grande do Entroido 2024, co Desfile e concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido. Finalizado o prazo para inscribirse, son 1.100 os participantes inscritos que optarán ós premios das diferentes categorías.
Cabe recordar que para esta edición de 2024, dende o Equipo de Goberno decidiuse incrementar a partida de premios en 3.000 €, alcanzando os 21.000€, que é un 16,60% máis que en 2022 e 2023, anos en que foron repartidos 18.000€ en premios. “O obxectivo é animar á xente a que participe e contribúa ó éxito do noso Entroido” salienta o Alcalde, José Tomé Roca.
Para o concurso do Martes de Entroido o Concello establece dúas modalidades, unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para disfraces e comparsas de fóra do municipio. No primeiro caso, destina 15.000€ en premios, e para os participantes de fora do Concello, 2.300€.
O primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes será de 1.200 euros e no caso das que sexan de fóra, con máis de 25 compoñentes, ascenderá a 450 euros. Haberá premios de 200 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escena e a mellor música en vivo, mellor humor e mellor crítica de actualidade.
Concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido
O Desfile de comparsas e disfraces do Concello de Monforte comezará o 13 de febreiro ás 17:00 horas na praza da Estación. Percorrerá as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal Rodrigo de Castro e finalizará na praza da Compañía, onde a concelleira de Cultura, Marina Doutón, dará a coñecer ós ganadores e gañadoras do concurso. A xornada concluirá coa actuación da Orquestra Trebol.
O xurado cualificará as comparsas na praza da Estación de 16:00 a 17:00 h. Os disfraces individuais concentraranse obrigatoriamente na praza da Estación ás 16:30 h, onde o xurado as identificará. Logo, tanto as comparsas como os disfraces serán cualificados por lugares indeterminados do percorrido.
Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.
PARTICIPANTES: Participantes_Martes_Entroido_Monforte_2024.pdf
A relación completa de premios do é a seguinte, con unha partida máxima de 15.000€ para Comparsas e Disfraces de Monforte, e de 2.300€ para Comparsas e Disfraces de fóra de Monforte:
COMPARSAS E DISFRACES DE MONFORTE DE LEMOS:
Comparsas de máis de 90 compoñentes:
1º- 1.200 euros
2º- 800 euros
3º- 600 euros
Comparsas entre 51 e 90 compoñentes:
1º- 600 euros
2º- 450 euros
3º- 300 euros
Comparsas entre 25 e 50 compoñentes:
1º- 500 euros
2º- 350 euros
3º- 275 euros
Comparsas entre 4 e 24 compoñentes:
1º- 350 euros
2º- 275 euros
3º- 225 euros
Individual Adultos de 1 a 3 compoñentes:
1º- 200 euros
2º- 150 euros
3º- 100 euros
Premios de 200 euros a:
- Mellor comparsa tradicional
- Mellor posta en escena
- Mellor crítica de actualidade
- Mellor humor
- Mellor música en vivo
Premios ás carrozas:
1º- 600 euros
2º- 400 euros
3º- 300 euros
Accésits
- Comparsas con máis de 90 compoñentes: 250 euros
- Comparsas de 4 a 24 compoñentes: 100 euros
- Comparsas de 25 a 50 compoñentes: 100 euros
- Comparsas de 51 a 90 compoñentes: 130 euros
- Comparsas infantís: 40 euros
- Individual adulto: 40 euros
- Individual infantil: 40 euros
- Ás carrozas: 70 euros
Individual infantil de 1 a 3 compoñentes
1º- 125 euros
2º- 100 euros
3º- 75 euros
Comparsas infantís de 4 compoñentes en adiante
1º- 325 euros
2º- 200 euros
3º- 150 euros
COMPARSAS E DISFRACES DE FORA DE MONFORTE DE LEMOS:
Comparsas de 1 a 3 compoñentes
1º- 175 euros
2º- 150 euros
3º- 125 euros
Comparsas de 4 a 24 compoñentes
1º- 325 euros
2º- 275 euros
3º- 200 euros
Comparsas de máis de 25 compoñentes
1º- 450 euros
2º- 350 euros
3º- 275 euros