Monforte de Lemos, 30 de maio de 2024. O Concello de Monforte conmemora mañá venres 31 de maio o Día Mundial sen Tabaco, coa organización de diversas actividades, en coordinación coa Unidade Asistencial de Drogodependencias.
Para elo, o Concello instalará pola mañá na Praza de España unha mesa informativa, en colaboración coa AECC, para ofrecer á cidadanía folletos e guías sobre o risco para a saúde e as prestacións económicas, ademais de dous servizos, que se poden conseguir mediante o abandono ou o consumo.
Ás 12:00 h., a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, inaugurará na Casa da Cultura unha exposición con traballos realizados por usuarios de Centros de Día e Asociacións de toda a zona e en relación coa temática abordada.
Neste espazo tamén haberá un Haberá un fotocall para que as persoas que o desexen poidan facerse unha foto e subila ás redes, e así colaborar na campaña permanente de loita contra o tabaquismo.
Finalmente, pola noite, a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor vermella, para conmemorar este día Mundial sen Tabaco.