O Concello acolleu o acto de levantamento de actas previas á ocupación das fincas afectadas polo proxecto de supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes


 Foto de arquivo: O Alcalde anuncio a licitación do Proxectos de pasos a nivel en maio de 2023

Monforte de Lemos, 23 de febreiro de 2024. O Salón de Plenos do Concello de Monforte acolleu este mércores e xoves o proceso de comunicación de levantamento de actas previas á ocupación das fincas afectadas polo “Proxecto de supresión dos pasos a nivel dos puntos quilométricos 361/620 e 361/845 na liña León – A Coruña no termo municipal de Monforte de Lemos”, que suporá a supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco.

Para elo, dende a Dirección General de Planificación y Evaluación de la Red Ferroviaria convocouse ós titulares dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa para a urxente ocupación das fincas afectadas por este proxecto, ó levantamento de Actas Previas á Ocupación das referidas fincas.

Este proceso iniciouse logo de que dende ADIF (Administración de Infraestructuras Ferroviarias), instase, o 24 de outubro de 2023, a incoacción do expediente de expropiación forzosa para dispoñer dos terreos necesarios para a execución das obras do citado proxecto de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco.

Dita aprobación conleva a declaración de utilidade pública ou interese social, a necesidade de ocupación dos bens afectados e a declaración de urxencia da mesma, en virtude da Lei 38/2015, de 29 de setembro do Sector Ferroviario, sendo polo tanto de aplicación os preceptos contidos no artigo 52 da Lei de Expropiación Forzosa de 16 de decembro de 1954 y concordantes do Regulamento de 26 de abril de 1957.

Deste xeito, dende o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible do Goberno de España séguense dando os pasos necesarios para levar a cabo este proxecto de supresión de pasos a nivel dos puntos kilométricos 361/620 e 361/845 na liña León – A Coruña, logo de que o 15 de xuño fora publicada a súa licitación na plataforma de contratación do sector público por 8.273.522,43 €.

 

Supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes

O Alcalde, José Tomé Roca, recorda que “as xestións para suprimir os pasos a nivel citados comezaron no ano 2018, aceptando ADIF a solución proposta en outubro do ano 2019. Como consecuencia, levaremos a cabo a urbanización de toda a zona que vai dende o Restaurante Ronda ata a Carretera de Reigada, cambiando totalmente o aspecto físico desa zona dos barrios da Estación,  Morín e Rioseco”.

A licitación do proxecto estaba previsto que se levara a cabo no ano 2022 pero debido ó incremento de prezos dos materiais despois da pandemia da Covid-19, o Goberno de España aprobou un Decreto e a Xunta de Galicia outro, no que regulaban a revisión de prezos dos proxectos con un incremento aproximado dos mesmos, dun 20%.

A previsión do custe destas obras ascendía ao redor de 6.000.000 €, que, unha vez revisados nese 20% aproximado, ascende a 8.273.522,43 €, o que supón unha inversión moi importante que vai a supoñer dinamizar toda esa zona.

Con estas actuacións construiranse 5 rúas novas, un paso inferior, unha rotonda e unha ponte que poñerán en valor a zonas sinaladas. As novas rúas pasarán a ser de titularidade municipal, sendo incluídas no inventario de bens do Concello de Monforte.

“En definitiva”, conclúe o Alcalde, “seguimos dando os pasos necesarios para desenvolver un proxecto de moito calado que sen dúbida contribuirá a mellorar estas zonas da cidade e a aumentar a seguridade de vehículos e persoas”.