Monforte de Lemos, 27 de febreiro de 2024. O Concello de Monforte informa que, debido á caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico que da servizo á planta potabilizadora de Monforte, do cal é responsable Unión Fenosa-Naturgy, produciuse unha incidencia no subministro de electricidade a dita planta.
Este incidente está provocando, nestes momentos, a falta de abastecemento no subministro de auga nas parroquias do municipio.
Por parte da empresa Aqualia, concesionaria do subministro de auga do concello, requiríuselle a Unión Fenosa-Naturgy a instalación e utilización dun xerador para restablecer o subministro eléctrico da planta potabilizadora, mentres duren os traballos de reparación da liña eléctrica por parte de Unión Fenosa.
O xerador xa está en funcionamento e xa se está traballando para arranxar esta avaría, polo que dende o Concello agárdase que Unión Fenosa restableza a liña eléctrica o antes posible para que a potabilizadora recupere o seu funcionamento con normalidade.