O Concello abre o prazo de inscrición para o curso 2024-25 nas Escolas Municipais de Música e de Danza de Monforte

Monforte de Lemos, 3 de setembro de 2024. O Concello de Monforte ven de abrir o prazo de inscrición tanto na Escola Municipal de Música como na Escola Municipal de Danza para o curso 2024/25.

As clases darán comezo o luns día 16 de setembro de 2024 e rematarán o venres día 13 de xuño de 2025.

 

Escola Municipal de Música

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas.  Tamén é posible a inscrición a través da Sede electrónica do Concello, no seguinte enlace, no apartado “Meus trámites.

Especialidades musicais ofertadas:

As especialidades que se ofertan en música a partir dos 6 anos:

  • Percusión Moderna: batería, bongós,...
  • Percusión tradicional galega: pandeireta, tamboril, bombo e pandeiro.
  • Teclado
  • Violín
  • Guitarra, Ukelele
  • Gaita, Clarinete, Frauta, Saxofón
  • Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba/Bombardino
  • Canto Coral
  • Canto tradicional galego: canto con pandeireta
  • Linguaxe musical

En música, a ensinanza instrumental completarase con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.

 

Escola Municipal de Danza

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas.  Tamén é posible a inscrición a través da Sede electrónica do Concello, no seguinte enlace, no apartado “Meus trámites.

Especialidades ofertadas en Danza:

  • Danza tradicional galega: a partir de 5 anos.
  • Danza contemporánea / moderna: a partir de 9 anos.
  • Ballet clásico: a partir de 5 anos.

As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión..., atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe.

Do mesmo xeito, levarase a cabo unha orientación, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen.

Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza.

Dende o Concello de Monforte inténtase desta forma consolidar, con todas estas especialidades, unha oferta ampla e variada para a escola, tanto en música como en danza.