Monforte de Lemos, 5 de xuño de 2024. O Concello de Monforte abriu onte mércores 5 de xuño o prazo de inscrición para participar na 24ª edición da Mostra Artelemos, prazo que permanecerá aberto ata o día 24 de xuño para que os artesáns e artesás poidan cursar as súas solicitudes.
Este ano 2024 o Concello mantén un día mais de celebración da mostra con respecto a outros anos, que permanecerá aberta así durante seis días consecutivos nas primeiras datas de agosto, concretamente dende o día 5 ata o 10, na rúa Cardeal, como ben sendo habitual.
“Nesta mostra”, salienta o Alcalde, José Tomé Roca, “poderemos atopar gran variedade de disciplinas artesanais. Participarán na mesma un número total de 30 artesán/áns podendo ofrecer unha variada gama de produtos que van dende orfebrería, cestería, coiro, lá, cerámica, olería de Gundivós... ademais os visitantes que se acheguen a desfrutar desta nova edición de Artelemos, poderán ver en vivo a elaboración de pezas que os propios artesáns realizarán así como a participación de obradoiros para nenos/as.”
O horario durante os seis días da Mostra Artelemos será de 10:00 a 14:00 e 18:00 a 22:00 horas e poderán participar aqueles/as artesás/áns coa carta de artesanía emitida, e/ou taller dado de alta como artesán/á, tendo estes últimos prioridade, así como aqueles de Monforte e a comarca Terra de Lemos, e inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Dende o Concello queren animar aos artesáns a participar na Mostra de Artesanía Artelemos porque supón un escaparate único para poder mostrar os seus produtos e explicar directamente aos visitantes da Mostra a súa elaboración. Deste modo pódese apreciar con mais claridade o a complicación e traballo dos produtos artesáns axudando a darlles o verdadeiro valor que teñen.