Monforte de Lemos, 13 de xaneiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, reuniuse con representantes dunha nova asociación empresarial denominada Agrupación de Interés Económico-Ribeira Sacra Next (AIE), quenes solicitaron un encontro co rexedor monfortino para presentarlle o dosier informativo da mesma, así como os obxectivos que pretenden desenvolver logo da súa creación.
Na xuntanza, os representantes da AIE-Ribeira Sacra Next valoraron positivamente a opinión do rexedor monfortino sobre este novo proxecto empresarial asociativo, sobre o seu posible percorrido e futuro máis inmediato.
Neste senso, este primeiro encontro serviu para estudar sinerxías e posibles liñas de colaboración entre o Concello de Monforte e a AIE-Ribeira Sacra Next. Unha delas, sería a posibilidade de que o Concello se incorporara ó Órgano Consultivo da mesma. Tamén se está a estudar unha posible ubicación da sede oficial en Monforte.
Na reunión, o presidente da asociación, o empresario Manuel Dacosta, explicou ó Alcalde que o obxectivo máis inmediato é poñer en marcha nos vindeiros meses a xerencia de dita asociación.
O Alcalde, pola súa banda, comprometeuse a estudar o proxecto que lle foi presentado, para por en marcha posibles vías de colaboración dende o Concello.
Asociación de Interés Económico Ribeira Sacra Next
O 4 de xaneiro do 2023, constituíuse legalmente esta Agrupación de Interés Económico Ribeira Sacra Next e deuse a coñecer como tal o día 8 do mes seguinte. Por entón, 22 empresas de diferentes sectores xa se sumaron á iniciativa.
Desde entón fóronse agregando outras empresas, ata chegar ás 61 coas que conta actualmente a agrupación, e que suman máis de 400 traballadores e unha facturación de máis de 90 millóns de euros.