Monforte de Lemos, 16 de novembro de 2024. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luís Losada, deu a coñecer na mañá de hoxe os Orzamentos Municipais para o ano 2025, “que presentamos en tempo e forma por décimo ano consecutivo, cumprindo o compromiso cos monfortinos e monfortinas que adquirín dende que son Alcalde, é dicir, dende o ano 2015”, destacou o rexedor monfortino.
José Tomé incidiu en que “seguimos facendo historia, xa que non hai constancia na historia recente dos gobernos municipais do Concello de Monforte de Lemos, de que ningún Alcalde aprobara os orzamentos en tempo e forma durante 10 anos consecutivos, como así o levamos facendo nós, para que os orzamentos entren en vigor a principios do ano entrante, neste caso o 2025”.
Os orzamentos serán levados a Pleno o vindeiro luns día 25 de novembro “no que esperamos que o resto dos grupos municipais tamén o apoien porque trátanse duns orzamentos que son bos para Monforte, e non hai razóns obxectivas para non apoialos, salvo si se quere buscar rédito político”, sinalou José Tomé.
Deste xeito, a previsión de ingresos e de gastos do orzamento para o ano 2025 é de 17.802.794€, case 18 millóns de euros, o que supón un incremento con respecto ó ano 2024 de 1.416.458,04€ (en 2024 era 16.386.335,96€), é dicir, un 8,64% máis, “grazas basicamente á participación dos ingresos do Estado”.
INGRESOS
Os ingresos correspondentes á participación nos Tributos do Estado son de 5.746.040€, fronte ós 4.420.000€ de 2024, 1.326.040€ máis, o que supón un 30% máis.
Os Fondos de Cooperación cos Concellos da Xunta de Galicia aumentan só en 47.494,89€, “o que segue evidenciando que o goberno da Xunta de Galicia, outro ano máis, non ten intención de axudar a Monforte como se merece nin ós Concellos en xeral” subliñou o rexedor monfortino.
Os ingresos que merecen unha especial atención, debido a que algún deles aumentan, segundo a previsión dos servizos económicos en base á execución de este ano, son os seguintes:
- A partida correspondente ó IBI increméntase en 100.000€ con respecto ó ano 2024, cun ingreso previsto de 4.290.000€, un 2,3% máis, mantendo dende que chegamos ó Goberno, o mesmo gravame que había cos anteriores, sen incrementar nada. Estes ingresos son basicamente de edificacións que da de alta o Catastro, xa que o imposto segue sendo o mesmo.
- A partida correspondente á taxa de lixo, increméntase en 524.000 euros, pasando de 1.176.000€ en 2024 a 1.700.000 en 2025, un 45% máis, que é debido ó incremento do Canon de Sogama, que aumenta en 42€ por tonelada, pasando dos 66€ actuais ós 108€ en 2025, “e ímolo diferenciar no recibo, é dicir, igual que ocorre co recibo da auga, que por un lado figura o consumo e por outro lado o canon, imos facer do mesmo xeito co recibo do lixo, por un lado irá o que se pagaba ata 2024 e polo outro irá a suba de Sogama, para que os veciños e veciñas vexan a diferencia”, salientou o Alcalde.
- Polo que respecta á Piscina municipal, “como saben estamos nestes momentos levando a cabo as obras de mellora integral, polo que os meses que está pechada non cobraremos as taxas correspondentes ós seus usuarios”.
- Tamén se reflexa un incremento de 10.000€ correspondente ó imposto do 1,5% que deben satisfacer as empresas enerxéticas, de telecomunicacións e de gas.
Todo elo, xunto cos demais ingresos e as aportacións de Tributos do Estado e do Fondo de Cooperación, fai que os ingresos cheguen a 17.802.794 euros, sen necesidade de concertar ningún préstamo, é dicir, neste orzamento non temos previsto solicita ningún préstamos, salvo que ó longo do ano fose necesario para complementar algunha inversión.
GASTOS: Desglose por Capítulos
O Capítulo 1 corresponde ó persoal, e nel aumenta o gasto en 559.218,23 euros, un 10,75% máis, quedando a partida total en 5.761.303,60 €, fronte ós 5.202.085,37 € de 2024.
O Alcalde explicou que “esta subida corresponde ó incremento comprometido por este Alcalde que lles fala, para a aplicación da Relación de Postos de Traballo (RPT), que por terceiro ano consecutivo se ve reflexado nestes orzamentos”.
En concreto, , aplícase o 33% en 2025, alcanzando xa o 100% no vindeiro ano 2025, polo que finalizará a aplicación do incremento comprometido. Esta porcentaxe do 33% en 2025, que tamén foi do 33% en 2024 e do 34% en 2023, obedeceu a que as prazas existentes perciben unhas retribucións superiores ás que viñan percibindo anteriormente, o que supón unha mellora para todos os empregados públicos do Concello, ó que hai que sumar o 2,5% de subida salarial para 2025, que xa deixamos previsto aínda que non haxa Presupostos do Estado”.
Tamén se reflexa neste incremento, a cobertura de postos que se atopaban vacantes, tendo especial relevancia o incremento na cobertura da plantilla da Policía Local. E informou José Tomé que “neste momento solo queda unha praza de oficial para ter completa a plantilla de 18 policías locais, por primeira vez en moitos anos.”
No Capítulo 2, correspondente ó gasto corrente, a partida total é de 9.415.157,17€, fronte os 8.898.094,31€ de 2024, polo que increméntase en 517.062,86€, o que representa un aumento porcentual do 5,81%, debido principalmente á aportación de gasto para o SAF (un 2,5%), ou ó incremento do lixo, e dado que sube o IPC tal e como ven establecido no contrato, máis todos os aspectos sociais.
A limpeza e mantemento dos parques, o coste da enerxía eléctrica das diferentes dependencias municipais, ou o incremento xeral que se da en diferentes servizos prestados dende o Concello, tamén se inclúe nesta partida.
Neste punto, o Alcalde aclarou que “hai que ter en conta que aínda que contablemente inclúese como gasto corrente, aquí está incluída a Axuda a Domicilio, que para min non é un gasto, senón que é, unha inversión nas persoas”.
No Capítulo 4, relativo a subvencións e transferencias, a partida total é de 1.202.857,90€, fronte ós 1.185.076,58€ de 2024, polo que aumenta en 17.781,32€, o que significa un aumento do 1,50%, igual ó IPC, a incrementos en subvencións en deportes e en subvencións nominativas a entidades.
Nos Capítulo 6 y 7, o importe destinado a inversións para o ano 2024 é de 1.206.014,80€, fronte a 1.014.079,70€ que tiñamos no ano 2024, é dicir, 191.935,10€ máis, un 19% máis, “un incremento moi significativo xa que o Concello de Monforte lévao a cabo con fondos propios”, subliñou José Tomé. “Isto significa que imos seguir facendo inversións tal e como se viñan facendo estes anos, ben sexa de forma directa ou complementadas con fondos xestionados doutras Administracións e van servir para seguir a folla de ruta deste Equipo de Goberno durante o 2025”.
En resumo, o orzamento do Concello de Monforte para 2025 ascende a 17.802.794€, é dicir, 1.416.458,04€ máis, un 8,64% máis que en 2024 (16.386.335,94€), polo que podemos calificalo de Orzamento Expansivo, sen subir impostos.
“A isto hai que engadir as inversións que están en execución ou comprometidas, e tamén os convenios con outras administracións que estamos negociando, e que pronto haberá noticias positivas, das que iremos informando, para seguir mellorando Monforte”, explicou José Tomé.
“Este orzamento é froito do rigor e da boa xestión económica que dende o Equipo de Goberno vimos realizando dende que estamos ó fronte deste Concello, dende hai máis de 9 anos”.
José Tomé amosou a súa satisfacción afirmando que “estes orzamentos para o ano 2025 apóianse en dous pilares fundamentais que son os servizos sociais e as inversións. Queda claro que son efectivamente, sociais, porque o noso obxectivo son as persoas, e que todos os veciños e veciñas que o necesiten, teñan a seguridade de que o Concello vainos apoiar”.
Ademais conxélanse as taxas e impostos, e que non hai ningunha subida, a excepción daqueles servizos que están suxeitos a contrato e que teñen cláusula de actualización do IPC, como son a auga e o lixo.
E séguense mantendo a redución da taxa do Cemiterio nun 50%, o que resulta moi positivo sobre todo para as persoas maiores, que son as que maioritariamente teñen ó seu nome os nichos, e polo tanto son as que maioritariamente pagan a taxa do Cemiterio. “Ademais, do cemiterio imos dar unha boa noticia dentro duns días”, adiantou o Alcalde.
Os SERVIZOS SOCIAIS, un dos piares básicos dos orzamentos
O gasto social destinado para o ano 2025 na Axuda no fogar (SAF) ascende a 1.942.500€, fronte ós 1.894.033,64€ de 2024, 48.466,36€ máis, un 2,5% máis. Esta partida contempla os 50.000€ que o Alcalde decidiu engadir ó importe xa elevado do SAF no presente ano, “porque saben perfectamente que para min son fundamentais as persoas, e sobre todo as persoas maiores e máis vulnerables”.
O Executivo de José Tomé aumenta a partida de emerxencias sociais ata os 75.000€ en 2025, 15.000€ máis que en 2024 (60.000€), un 25% máis, porque somos conscientes do que supón o aumento da inflación nos fogares onde se ven involucrados sobre todo persoas maiores e nenos. E do mesmo xeito, tamén aumentamos a partida de eficiencia enerxética outro 25%, pasando de 20.000€ en 2024 a 25.000€ en 2025, 5.000€ máis.
“Aumentamos estas cantidades, porque ó longo da execución do presente ano 2024, vimos que era necesario subilas de cara ó 2025, como así fixemos. E en caso de ser necesario, serán incrementadas. Como poden ver, o noso compromiso coa xente é firme” subliñou o Alcalde.
Do mesmo xeito, o Equipo de Goberno aumenta a aportación ó programa Xantar na Casa e Centro de Día destinamos 44.400€ en 2025, mentres que en 2024 foron 40.000€, é dicir, incrementase en 4.400€ esta partida, un 11% máis.
Deste programa, recordou o Alcalde “que a Xunta so financia este servizo cun 46,66%, mentres que o Concello e os usuarios asumen o 53,34€ restantes, tendo as competencias del a Xunta de Galicia. Pero nós asumimos gran parte do seu custe porque este programa é moi importante porque grazas a el, moitos maiores poden seguir mantendo nos seus fogares unha alimentación saudable e sen esforzo. Deste xeito, damos cobertura total ós solicitantes deste programa, atendendo a 35 persoas na actualidade, e non deixando a ninguén sen recibir este servizo, a través dunha comida saudable”.
O Equipo de Goberno mantén a partida correspondente ás actividades que se desenvolvan no Centro Cívico e nas distintas parroquias, a través do Plan Activa, “un plan moi importante porque foi este Equipo de Goberno quen o puxo en marcha, porque serve para sociabilizar e fomentar o intercambio xeracional. E por iso, moita xente nos felicita por el”.
Xunto ó Plan Activa, tamén se incrementa a partida correspondente ás actividades do Campamento Deportivo de verán, “xa que neste caso priorizamos a conciliación de pais e nais durante o período estival, e ademais estamos atendendo a nenos e nenas con necesidades especiais, e queremos seguilo facendo, por iso incrementamos esta partida en 5.000€, pasando de 75.000€ en 2024 a 80.000€ en 2025, un 15% máis”.
Tamén incrementamos o orzamento do CIM, pasando de 14.000€ en 2024 a 20.000€ en 2025, case un 43% máis.
A partida correspondente á adquisición de libros de texto, auméntase ata os 30.000€, que son 5.000€ máis que en 2024, co obxectivo de atender ás necesidades de familias con nenos e nenas que non poden adquirir o material escolar necesario para a súa actividade educativa, o que supón un 20% de incremento.
Tamén se seguen mantendo as axudas destinadas ó bus para estudantes universitarios e de ciclos formativos en 25.000€. “Con esta maior dotación, axudamos a sufragar os gastos das viaxes dos nosos estudantes fora da nosa cidade”. Do mesmo xeito, a partida do servizo de buses escolares, que dan servizo ó alumnado do Colexio Novo e o Colexio de A Gándara, “aínda que non sexa obrigatorio dar este servizo por parte do Concello”, segue sendo de 25.000€, por ser o que figura no contrato.
Polo que respecta ó importe destinado á Gardería municipal este ascende a 160.952,76€ en 2025, respecto ós 145.952,76€ en 2024, dándose un incremento de 15.000€, un 10,30% máis. Con elo, este Concello sufraga arredor do 95% dos custes da Gardería, porque apoiamos ás familias.
“Volve a ser esta unha competencia que debería asumir a Xunta de Galicia, a cal, a pesar da crecente demanda, non quere construír unha gardería en Monforte, o que leva a que haxa usuarios que se queden sen praza. A gratuidade da gardería de Monforte, débese ó Concello, non á Xunta de Galicia, que nin constrúe nin axuda”.
Destínase unha partida de 12.000€ para o Conservatorio municipal, para a adquisición de mobiliario e instrumentos musicais “dando así continuidade á inversión que comezamos en 2022 neste centro, todo elo en beneficio dos seus alumnos e dos profesores que imparten as clases”.
Aumentamos a partida destinada a asociacións culturais, pasando de 12.000€ a 15.000€, que son 3.000€ de incremento, un 25% máis.
A partida destinada a asociacións sociais mantémola en 12.000€, ó igual que en 2024, para axudarlles nas súas actividades.
Outro dos piares fundamentais do Equipo de Goberno: as INVERSIÓNS
Para inversións, o Executivo de José Tomé destina en 2025 1.206.014,80€, fronte a 1.014.079,70€ que tiñamos no ano 2024, é dicir, 191.935,10€ máis, un 19% máis.
Unha parte deste investimento vai destinado a melloras e reposicións de vías urbanas, por importe de 350.000€, fronte ós 340.000€ de 2024, 10.000€ máis, un 3% máis.
Inclúe a mellora do Polígono Industrial do Reboredo, coa aportación de 129.381,47€ (en 2024 xa aportáramos 201.147,93€) que aporta o Concello para a nova EDAR, “que é necesaria e imprescindible para as empresas que están implantadas nel así como as futuras empresas que se instalarán neste polígono, e que como saben xa se iniciaron as obras da mesma, a inicios do pasado mes de outubro”, recordou o rexedor monfortino.
Respecto da Piscina Municipal, o Concello destina 150.000€ para equipamento, ximnasios, vestiarios, etc., e 100.000€ para a nova caldeira de calefacción e auga quente.
“A todo isto, engadiremos as inversións que se farán, tanto en parques e xardíns, como en zonas verdes, melloras de camiños municipais e entornos deportivos, entre outras inversións, e sobre todo, para contemplar novos proxectos e desenvolvemento urbanístico”.
O Alcalde subliñou o importante investimento que vai facer o Concello para o Obradoiro de Emprego, que está a piques de comezar, cun investimento de 60.000€, “porque apostamos polo emprego, de xeito que con esta inversión imos conseguir a ocupación de 24 persoas por nove meses de duración, que desenvolverán a súa actividade formativa e laboral na Escola Obradoiro de A Pinguela, e que algúns deles serán contratados por empresas monfortinas que así se comprometeron”. O investimento no obradoiro de emprego pasa de 5.000€ en 2023 a 81.530,60€, é dicir, 76.530,60 euros máis, un 1.530% máis.
É importante reseñar que se consolida o importe para a creación neta de emprego que leven a cabo as empresas e os autónomos. “Esta contía é de 30.000 euros, que xunto coas importantes bonificacións incorporadas por este Alcalde no ICIO, IBI e IAE para a creación de emprego, demostran o noso compromiso co emprego, e por iso temos a cualificación de Concello Emprendedor”, subliñou José Tomé.
En DEPORTES, “incrementamos as axudas en 10.500€, para clubs, pasando de 117.040€ en 2024 a 127.540€ en 2025, o que representa un incremento dun 9%. Reforzamos, polo tanto, o compromiso cos clubs, co deporte de base, coa actividade física e saudable, e cos deportistas individuais”.
Do mesmo xeito, mantense as axudas para deportistas individuais, que xa foron incrementadas o ano pasado, e que serán de 10.000€. A subvención para a participación en campionatos de España, europeos ou mundiais, que foi creada polo Alcalde en 2022 con 10.000€, será de 12.000€ en 2025, 2.000€ máis, un 20% máis.
En concreto, as subvencións nominativas que o Executivo de José Tomé destina a entidades deportivas son as seguintes:
-CLUB XIMNASIA RÍTMICA QUICELA..............................4.000 €
-CLUB NATACIÓN MONFORTE......................................15.000 €
-A.D. A GÁNDARA..............................................................2.500 €
-SOCIEDADE VAL DE LEMOS CAZA E PESCA...............1.500 €
-CLUB BALONCESTO VAL DE LEMOS............................7.500 €
-CLUB TAEKWONDO NEKA MONFORTE........................4.000 €
-CLUB LEMOS.................................................................18.000 €
-CLUB QUIXÓS..................................................................6.000 €
-C.P. CALASANCIO..........................................................15.700 €
-A.D. PONTE VELLA..........................................................1.000 €
-CLUB PESCA MONFORTE..............................................1.100 €
-ASOC. DEPORTIVA SOC. RÍO CABE.............................2.000 €
-A.D. COLEXO FERROVIARIO........................................1.000 €
-A.D. ESCOLAPIOS..........................................................1.000 €
-A.D. TORRE DE LEMOS.................................................1.000 €
-CLUB FLUVIAL................................................................1.000 €
-A.D. VETERÁNS.............................................................1.600 €
-A.D. CASTELAO.............................................................1.500 €
-CLUB DE FUTBOL MONFORTE....................................9.000 €
-SOC. COLOMBÓFILA AIRES DE LEMOS........................450 €
-CLUB BILLAR TEMPLARIOS............................................540 €
-CLUB DE TENIS CUATRO VIENTOS...............................550 €
-C.V RIBEIRA SACRA MONFORTE..............................10.500 €
-CASTELO BIKE CLUB...................................................1.000 €
-C.C. TORRE SAN VICENTE MONFORTE.....................1.000 €
-CLUB CICLISTA MONFORTE........................................1.000 €
-CLUB KORBIS................................................................9.000 €
-CLUB DE TIRO OLIMPICO RIO CABE............................500 €
-CLUB DE PESCA RIO CABE........................................1.100 €
-CLUB XIMNASIA RÍTMICA QUENDRA........................4.000 €
-A.D.C. MONTE FORTE.................................................1.500 €
-C.B. LEMAVOS..............................................................1.000 €
-CLUB CICLISTA RIBEIRA SACRA...............................1.000 €
En canto ós gastos de actividades e da Feira Medieval, damos un salto grande pasando de 135.000€ en 2024, a 180.000€ en 2025, 45.000€ máis, o que supón un 33,33% máis.
Polo que respecta ó Festival do Viño, tamén incrementamos moitísimo a partida, porque o pasado ano completámola con remanentes, pasando de 50.000€ de orzamento en 2024, a 180.000€, aumentando o orzamento en 130.000€, que é un 260% máis.
A aposta polas Festas Patronais é firme: “cun orzamento previsto en 2024 de 300.000€, tivemos que completalo con remanentes, polo que este ano o orzamento será de 450.000€ porque queremos que as nosas festas sigan sendo un referente, como conseguimos agora que sexan, e que Monforte estea cheo de xente”.
Aumenta a partida de premios para Cultura, de 21.000€ en 2024 a 25.000€ en 2025, un 19% máis.
Con respecto ó alumeado das rúas nas Festividades de Nadal e das Festas Patronais, alcanzamos os 87.000€ en 2025, fronte os 79.000€ de 2023, un 10% máis. Alcánzanse os 270 arcos, en 64 rúas, e máis dun millón de luces Led.
Destínanse para investimentos na Biblioteca Municipal 2.200, para a compra de libros e mobiliario, que son 200€ máis que en 2024, un 10% máis.
En canto as subvencións para as festas das parroquias e dos barrios de Monforte, a partida, é de 25.000€, asignando a mesma cantidade de 1.000€ a cada parroquia ou barrio que a solicite, en lugar dos 910 ou 500€ que se viñan concedendo ata agora, supoñendo que todas as parroquias e barrios organicen as súas festas.
Polo que respecta a outras entidades, mantéñense as subvencións nominativas que se viñan concedendo, incrementando por exemplo a asignada a Caritas, porque desempeñan un traballo moi importante a favor dos máis necesitados da nosa sociedade. De aí que o importe pase de 5.000 a 6.000€, 1.000€ máis que en 2024, un 20% máis.
Neste apartado de subvencións nominativas destínase as seguintes axudas:
-CENTRO COMERCIAL URBANO…...........................................12.000 €
-CLARISAS CENTRO PURÍSIMA CONCEPCIÓN…....................4.000 €
-FESTIVAL NAUFRAGOS DO PARADISO…...............................4.000 €
-FANCINE DE LEMOS………...…................................................5.000 €
-MUSEO DO FERROCARRIL…..................................................8.000 €
-CARITAS ………………..............................................................6.000 €
-CRUZ VERMELLA…....................................................................2.000 €
-ASOC. DE COMERCIANTES DA PRAZA DE ABASTOS….........2.000 €
-ASOC. DE EMPRESARIOS DE HOSTALERÍA …........................3.000 €
-MUSEO CASA DAS MUÑECAS.…...............................................2.000 €
-TEAM MONFORTE RALLY DAKAR…………………….................5.000 €
-CORAL-CENTRO CULTURAL Y RECREATIVO DE RENFE........2.000 €
-FESTIVAL CARUDE ROCK……………………..............................4.000 €
“En definitiva”, concluíu o Alcalde, “quero insistir en que os 2 piares que son a base fundamental destes orzamentos, son os servizos sociais e as inversións, o que demostra que a bandeira deste Equipo de Goberno é a preocupación social, e que todo xira arredor das persoas, e tamén na mellora da cidade e das parroquias”.
“Con estes datos, queda claro que estes orzamentos son os máis sociais da historia do Concello de Monforte e son uns orzamentos mellorados ano a ano, que nunca se estancaron, o que demostra que temos unha preocupación máis social, que queda explicitada nestes orzamentos, que é onde hai que demostralo aportando recursos”.
“Como vén, estes orzamentos vannos permitir seguir mellorando a nosa cidade, tal y como vimos facendo ano tras ano, polo que os orzamentos están pensados unicamente por e para os monfortinos e as monfortinas, é dicir, están pensados en Monforte de Lemos”.
Neste senso, os orzamentos para o 2024 manteñen as liñas xerais de anos anteriores, “porque Monforte evoluciona ben, porque Monforte vai ben, por primeira vez en moitos anos, e incluso empezamos a recuperar poboación. Procuramos reducir o máximo o gasto corrente non prioritario para atender ás áreas de gasto que para nós son prioritarias, e sen incrementar os impostos, xestionando ben os recursos propios e conseguindo financiación doutras administracións”. As prioridades dos orzamentos presentados polo Alcalde son a atención as persoas, a mellora da cidade, o deporte, a cultura e o medio ambiente.
“Como se pode ver, son uns bos presupostos para Monforte e por todo isto, esperamos que o resto dos grupos municipais tamén apoien co seu voto este orzamento que levaremos ó Pleno do vindeiro luns 27 de novembro, uns orzamentos que, reitero, son bos para Monforte, e non hai razóns obxectivas para non apoialos, salvo si se busca o rédito político, que serán aprobados en todo caso, pola ampla maioría absoluta que elixiron os veciños e veciñas de Monforte”, concluíu José Tomé.
CADRO RESUMO ORZAMENTOS MONFORTE 2025
CAPÍTULO 1 |
CAPÍTULO 2 |
CAPÍTULO 3 |
CAPÍTULO 4 |
CAPÍTULOS 6 e 7 |
CAPÍTULO 8 |
|
ORZAM. 2025 |
5.761.303,60 |
9.415.157,17 |
82.191,34 |
1.202.857,90 |
1.206.014,80 |
6.000,00 |
ORZAM. 2024 |
5.202.085,37 |
8.898.094,31 |
81.000,00 |
1.185.076,58 |
1.014.079,70 |
6.000,00 |
DIFERENCIA |
+559.218,23 |
+517.062,86 |
+1.191,34 |
+17.781,32 |
+191.935,10 |
0,00 |
+10,75% |
+5,81% |
+1,47% |
+1,50% |
+19% |
0,00% |
Orzamento 2024: 16.386.335,94 euros.
Orzamento 2025: 17.802.794 euros. (+8,64%, +1.416.458,06 €)