O Alcalde presenta o novo furgón de atestados para a Policía Local de Monforte

Monforte de Lemos, 12 de abril de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou o novo furgón de atestados para a Policía Municipal “destinado a facilitar o desempeño das súas funcións e en concreto nas actuacións como confección de atestados por accidentes de circulación, controis de alcoholemia, controis de drogas, etc. que leva a cabo na vía pública”, sinala o rexedor monfortino.

No acto de presentación acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, o Inspector Xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez, así como diversos axentes da Policía municipal monfortina.

O prezo de licitación para a compra deste novo vehículo municipal para a Policía Local estableceuse en 62.500 euros e foi finalmente adquirido por 62.434,79€.  

“Con este novo vehículo”, destacou o Alcalde, “vimos de incorporar á flota de vehículos da Policía Local un novo furgón de atestados equipado con todos os elementos necesarios para que os axentes poidan prestar un servizo de calidade ós cidadáns de Monforte”.

 

Especificacións técnicas do novo furgón da Policía Local

O Alcalde explica que o obxectivo dende o Equipo de Goberno coa adquisición deste novo vehículo, foi o de “proporcionar o noso corpo de Policía un furgón adaptado para oficina móbil de atestados e informes, dotado de dúas zonas independentes separadas, sendo a dianteira destinada a pasaxeiros e traseira acondicionada como oficina. A parte dianteira está dotada de dúas portas, unha cada a lado do vehículo, e a traseira dispón dunha porta lateral corredeira polo lado dereito e dúas portas traseiras”.

Trátase dun vehículo novo, marca Renault Trafic, diesel,  cunha cilindrada de 1.997 cm3 e unha potencia de 81 KW, con tracción dianteira, caixa de cambios manual e de 6 velocidades.

O equipamento técnico é:

  • Airbag frontal condutor e pasaxeiro
  • Regulador/limitador de velocidade
  • Roda de reposto
  • Aire acondicionado e filtro antipolen
  • Retrovisores exteriores con axuste eléctrico
  • Retrovisores exteriores calefactables
  • Volante regulable en altura e profundidade
  • Peche centralizado
  • Elevalunas dianteiros eléctricos
  • Faros LED
  • Apertura portas traseiras 180º
  • Sistema antibloqueo de frenada (ABS)
  • Asistente arranque en pendente (HAC)
  • Control de traxectoria (ESP)
  • Asistente de frenada de emerxencia
  • Chave con apertura individual para zona traseira
  • Dirección asistida
  • Cinturóns de seguridade regulables en altura
  • Asento do condutor con axuste en altura
  • Banqueta de pasaxeiros fixa, con 2 prazas
  • Porto USB

 

Acondicionamento para función de vehículo-oficina.

Para poder prestar os servizos de furgón de atestados, o furgón está adaptado coma oficina móbil coas seguintes características:

  1. Recubrimento do chan con taboleiro e pavimento antideslizante de cor azul.
  2. Forrado interior con aillamento termo-acústico no revestimento.
  3. Mampara de separación entre a zona de condución e pasaxeiros e a zona traseira de oficina.
  4. Estribo xiratorio eléctrico e automático en porta corredeira dereita.
  5. Lunas en porta lateral corredeira e demais da zona traseira.
  6. Asideiro de entrada no pilar esquerdo da porta corredeira.
  7. Butaca independente no posto do axente.
  8. Papeleira na parte inferior do escritorio.
  9. Banco-arcón corrido contra tabique de separación dianteiro con espazo interior dispoñible para garda de material diverso.
  10. Dotación de mobles adaptados para uso como oficina, coas seguintes características básicas:
    1. Mesado en cruz para escritorio e ubicación de equipos.
    2. Porta-documentos superior.
    3. Porta-documentos extraíble.
    4. Dotación de caxoneiras segundo disposición.
    5. Acondicionamiento e deseño que permita a ubicación de ordenador portátil e impresora láser.
  11. Dotación dun espazo traseiro con acceso desde as portas traseiras acondicionado e con mobiliario para a garda de equipos e material non administrativo (caixa de ferramentas, cinta de balizamento, conos, sinais circunstanciais, …)
  12. Dotación dun extractor/ventilador de 12v no teito da parte traseira.
  13. Un ordenador portátil coas seguintes características ou superiores: procesador i5 1235U, 8 GB/ 512GB SSD, pantalla 15.6.
  14. Unha impresora láser B/N, A4, con función de escáner.
  15. Conexión WIFI 4G/5G de alta velocidade, incluída instalación.

Do mesmo xeito, consta coa correspondente Instalación eléctrica y de telecomunicaciones e o equipamento policial necesario incluído no prego de condicións, como lanternas, extintor, botiquín, soporte para cinta de balizamento, martelo rompe-cristais e corta-cinturóns, cinta métrica, pata de cabra, e unha caixa de ferramentas, entre outros elementos.

Tamén leva instalada a correspondente sinalización acústica e luminosa, segundo marcan as normas que rexen para este tipo de vehículos policiais.

O vehículo foi personalizado rotulación exterior segundo a Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen os elementos de configuración externa e o deseño para o marcado e rotulación dos vehículos a disposición das policías locais e vixiantes municipais na comunidade autónoma de Galicia, publicada no DOG núm. 1 do 3 de xaneiro de 2011.