Monforte de Lemos, 3 de xullo de 2024. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, ven de dar a coñecer a que será a 7ª edición do festival Carude Rock, que se celebrará no barrio de Carude da cidade do Cabe o venres 9 de agosto a partir das 20:30 horas. Este festival leva por lema “Esta noche no se duerme”.
Na presentación, o Alcalde estivo acompañado polos organizadores do festival: José Luís Vázquez “Lito”, Dolores Díaz, Juan Dieguez, Borja Vázquez, Manuel Rodríguez (Chusco), Sergio Díaz, ademais da 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Servizos, José Luís Losada. Na organización, tamén están, ademais dos citados, Brais Rodríguez y Tomás Fernández.
O obxectivo do Carude Rock, un festival que conta co apoio do Concello de Monforte é, en verbas do Alcalde “ser un bo escaparate para que os grupos da nosa bisbarra e doutros puntos de Galicia poidan facer disfrutar ó público que acude a este festival. E ademais, suporá unha importante actividade para o barrio de Carude, que esa noite estou seguro recibirá a centos de visitantes.”
O Concello de Monforte subvenciona cunha axuda de 4.000 euros ó Festival Carude Rock.
Deste xeito, o Carude Rock contará coas seguintes actuacións, todas elas de balde e que terán por escenario a praza de Carude:
-Deloreans
-7 Rojo
-Zënzar
-Mártires del Rock’N’Roll, Tributo a Los Suaves