O Alcalde presenta a 24ª edición da Mostra Artelemos, unha aposta decidida do Concello de Monforte pola artesanía de calidade, que contará con 30 postos

Monforte de Lemos, 22 de xullo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou ante os medios de comunicación o cartel anunciador e o programa da XXIV Mostra de artesanía Artelemos 2024, que se celebrará en Monforte do 5 ó 10 de agosto na rúa Cardenal, e “sendo, como cada ano, a antesala das Festas Patronais da cidade, dentro do noso Programa Cultural de Verán, abrindo o mes de agosto con este recoñecemento e promoción dos nosos artesáns.”

Na rolda de prensa, o Alcalde estivo acompañado pola Tenente de Alcalde Gloria Prada, e a técnico de Desenvolvemento Local do Concello, Mª Trinidad López.

“Apostamos por unha Mostra de artesanía que este Equipo de Goberno recuperou, como recordarán, no Nadal do ano 2015, tras anos de ausencia, dende que desaparecera a Fundación Comarcal Terra de Lemos, que a organizou entre os anos 1996 e 2011” recordou José Tomé. Dende o ano 2015, Artelemos celebrase tódolos anos cun aumento progresivo de participantes e artesáns que avalan este tipo de eventos.

Nesta mostra, que terá lugar do 5 ó 10 de agosto, participarán de 30 profesionais da artesanía, provintes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España. En concreto, as procedencias son:

25 artesáns e artesás de Galicia:

  • 10 artesáns das provincia de Lugo, sendo 2 de Monforte de Lemos, 2 de Sober, 2 de A Pobra de Brollón, e 1 de Taboada, Quiroga, Antas de Ulla y Lugo cidade.
  • 7 artesáns da provincia de A Coruña: 1 de Sada, Teo, Ordes, Rois, Noia, Santiago e Oroso.
  • 5 artesáns da provincia de Pontevedra: 2 de Vigo e 1 de Marín, Moaña e Arcade-Soutomaior.
  • 3 artesáns da provincia de Ourense: 1 de Barbadás, A Teixeira e Ourense cidade.

5 artesáns e artesás doutros puntos de España:

  • 2 artesáns da provincia de León, procedentes de Ponferrada.
  • 2 artesáns da provincia de Murcia, das localidades de La Alberca e Cartagena
  • 1 artesán da provincia de Toledo, do concello de Ciruelos.

Coma en anos anteriores, ubicaranse na rúa Cardenal, en postos de exposición e venda individuais. A maiores colocarase unha carpa do Concello, como espazo destinado á realización de obradoiros e demostracións de oficios.

Todos os postos contarán con tarima, iluminación e rotulación promocional de cada un deles. Para asegurar os produtos expostos, a mostra contará con vixilancia, nas súas horas de peche, tanto ó mediodía, como pola noite, e ata a hora de apertura ó día seguinte..

O horario durante os 5 días que durará a Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 18 a 22 horas.

 

Artelemos, unha mostra consolidada que aposta pola artesanía

Artelemos é o escaparate dos pequenos obradoiros artesanais que están a traballar no noso territorio rural, espallados por toda a xeografía galega, e que gardan a identidade de oficios tradicionais conxugándoa con tendencias actuais.

“Con esta Mostra”, sinala o Alcalde, “contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.

O obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais que os clientes esperan atopar: como ourivaría, cestería, coiro, vidro, olería de Gundivós, cerámica, papel e madeira, entre outras. En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.

Na Mostra, que será inaugurada o luns 5 de agosto ás 13:00 h e coa actuación do Grupo Municipal de Gaitas do Concello, ademais dos 30 stands adicados á artesanía, poderemos ver en vivo a elaboración de pezas, con diversas demostracións ao longo dos días de duración do evento.

Tamén haberá diferentes obradoiros para cativos/as coma se pode ver no programa de cada día. Estas actividades, que son un complemento á propia Mostra, organízanse ano a ano porque sempre acadaron un notable éxito entre o público asistente. 

O Alcalde concluíu a súa intervención animando a “todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que nos visitan nestes días de verán, a que se acheguen a visitar esta 24ª edición de Artelemos no Cardenal, e que se aposten polos produtos artesáns que alí se atoparán, que contan con todas as garantías de fabricación e de calidade. Porque apostar polos artesanal significa apostar polos nosos artesáns, polo produto local de calidade, polo noso medio rural, polas nosas tradicións, en definitiva, pola nosa arte e a nosa cultura”.

 

Programación 24ª Mostra Artelemos 2024

Luns 5 de agosto: 

10:00 h.- Apertura de stands de venda.

12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería Tradicional da Ribeira Sacra-Figulus. Artesán: Tomás López.

13.00 h.- Inauguración oficial da 22ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas.

18:00 h.- Apertura de stands de venda.

19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería Tradicional da Ribeira Sacra-Figulus. Artesán: Tomás López.

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos e nenas.  Artesá: Otilia Arias.

22:00 h.- Peche dos stands.

 

Martes 6 de agosto:     

10:00 h.-Apertura de stands de venda.

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Bixutería con macramé.  Artesá: Noel Pérez.

18:00 h.- Apertura de stands de venda.

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Bixutería con macramé.  Artesá: Noel Pérez.

22:00 h.- Peche dos stands.

 

Mércores 7 de agosto: 

10:00 h.- Apertura de stands de venda.

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Barro para nenos/as.  Artesá: Amparo Escrich.

18:00 h.- Apertura de stands de venda.

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Barro para nenos/as.  Artesá: Amparo Escrich.

22:00 h.- Peche dos stands.

 

Xoves 8 de agosto:       

10:00 h.- Apertura de stands de venda.

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Cestería. Artesá: Luisa Martínez.

18:00 h.- Apertura de stands de venda.

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cestería. Artesá: Luisa Martínez.

22:00 h.- Peche dos stands.

 

Venres 9 de agosto:

10:00 h.- Apertura de stands de venda.

12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Coiro. Artesá: Lucia Casado.

18:00 h.- Apertura de stands de venda.

19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Coiro. Artesá: Lucia Casado.

22:00 h.- Peche dos stands.

 

Sábado 10 de agosto:

10:00 h.- Apertura de stands de venda.

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Remo.

18:00 h.- Apertura de stands de venda.

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Remo.

22:00 h.- Peche dos stands.