Monforte de Lemos, 10 de xaneiro de 2024. O Concello de Monforte ven de aprobar as bases que van regular as actividades do Entroido deste ano 2024, concretamente na Xunta de Goberno celebrada este luns 8 de xaneiro, polo que que os interesados xa poden inscribirse nos concursos de Xoves de Compadres, Xoves de Comadres e Martes de Entroido, unha vez publicadas as bases e os formularios de inscrición na páxina web do Concello.
“Para esta edición de 2024, dende o Equipo de Goberno decidimos incrementar a partida de premios en 3.000 €, alcanzando os 21.000€, que é un 16,60% máis que en 2022 e 2023, anos en que repartimos 18.000€ en premios. O obxectivo é animar á xente a que participe nestes concursos e contribúa ó éxito do noso Entroido” salienta o Alcalde, José Tomé Roca.
Trátase da partida económica máis alta destinada polo Executivo de José Tomé para os premios dos diferentes concursos do Entroido. “Incrementamos os importes en practicamente todas as categorías, e especialmente os premios ás Carrozas e ás Comparsas”, subliña o rexedor monfortino.
Deste xeito, o primeiro dos eventos festivos programados para o Entroido monfortino é o concurso do Xoves de Compadres, que se vai celebrar o 1 de febreiro. Unha semana máis tarde, o 8 de febreiro, a cidade do Cabe acollerá outra das citas imprescindibles destas datas: o Xoves de Comadres.
Finalmente, o Desfile de comparsas e disfraces do Martes de Entroido realizarase o 13 de febreiro, e ó día seguinte, o mércores 14, terá lugar o Enterro da Sardiña.
O Alcalde animou “a todos os monfortinos e monfortinas a participar nos diferentes concursos de Entroido que convocamos, e tamén animo a participar a xente doutros Concellos, dado que o Martes de Entroido destinamos unha partida de 2.500 euros para comparsas e disfraces de fora de Monforte”.
Xoves de Compadres e de Comadres
Tanto para o concurso do Xoves de Compadres como para o de Comadres, a Concellería de Cultura de Monforte ten previstas tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursará na Praza de España.
Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.
Tanto no caso do Xoves de Compadres como no de Comadres, os premios para cada unha das convocatorias son os seguintes, tendo unha partida máxima de 1.900€ tanto para o concurso de Compadres como o de Comadres:
Individuais 1º premio: 75 euros 2º premio: 50 euros Accésit: 25 euros |
Colectivos 1º premio: 120 euros 2º premio: 95 euros Accésit: 50 euros |
Outros premios -Premio á etnografía: 125 euros -Premio á crítica social: 125 euros |
As solicitudes para inscribirse no concurso do Xoves de Compadres terán que presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica do mesmo, dende o día seguinte á súa publicación na páxina web do Concello. O prazo para facelo rematará o vindeiro 31 de xaneiro ata as 14 horas.
No caso do Xoves de Comadres, xa está tamén o prazo aberto e o último día para inscribirse é o 7 de febreiro ata as 14 horas.
Martes de Entroido: Desfile de comparsas e disfraces
O día grande do Entroido en Monforte será o martes 13 de febreiro. Xa está aberto o prazo de inscrición no desfile de comparsas e disfraces, e o derradeiro día para poder inscribirse neste concurso, presentando a correspondente documentación no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica do mesmo, é o 9 de febreiro ata as 14 horas.
O Concello establece dúas modalidades claramente diferenciadas: unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para disfraces e comparsas de fóra do Concello.
A diferenza estará na contía dos premios, de tal xeito que o primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes pode chegar ós 1.200 euros e no caso das que sexan de fóra ascenderá a 450 euros.
Por outra parte, haberá premios de 200 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escena e a mellor música en vivo, mellor humor e mellor crítica de actualidade.
O Desfile de comparsas e disfraces comezará o 13 de febreiro ás 17:00 h na praza da Estación. Percorrerá as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal Rodrigo de Castro e finalizará na praza da Compañía.
O xurado cualificará as comparsas na praza da Estación de 16:00 a 17:00 h. Os disfraces individuais concentraranse obrigatoriamente na praza da Estación ás 16:30 h, onde o xurado as identificará. Logo, tanto as comparsas como os disfraces serán cualificados por lugares indeterminados do percorrido.
Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.
A relación completa de premios do é a seguinte, con unha partida máxima de 15.000€ para Comparsas e Disfraces de Monforte, e de 2.300€ para Comparsas e Disfraces de fora de Monforte:
COMPARSAS E DISFRACES DE MONFORTE DE LEMOS:
Comparsas de máis de 90 compoñentes:
1º- 1.200 euros
2º- 800 euros
3º- 600 euros
Comparsas entre 51 e 90 compoñentes:
1º- 600 euros
2º- 450 euros
3º- 300 euros
Comparsas entre 25 e 50 compoñentes:
1º- 500 euros
2º- 350 euros
3º- 275 euros
Comparsas entre 4 e 24 compoñentes:
1º- 350 euros
2º- 275 euros
3º- 225 euros
Individual Adultos de 1 a 3 compoñentes:
1º- 200 euros
2º- 150 euros
3º- 100 euros
Premios de 200 euros a:
- Mellor comparsa tradicional
- Mellor posta en escena
- Mellor crítica de actualidade
- Mellor humor
- Mellor música en vivo
Premios ás carrozas:
1º- 600 euros
2º- 400 euros
3º- 300 euros
Accésits
- Comparsas con máis de 90 compoñentes: 250 euros
- Comparsas de 4 a 24 compoñentes: 100 euros
- Comparsas de 25 a 50 compoñentes: 100 euros
- Comparsas de 51 a 90 compoñentes: 130 euros
- Comparsas infantís: 40 euros
- Individual adulto: 40 euros
- Individual infantil: 40 euros
- Ás carrozas: 70 euros
Individual infantil de 1 a 3 compoñentes
1º- 125 euros
2º- 100 euros
3º- 75 euros
Comparsas infantís de 4 compoñentes en adiante
1º- 325 euros
2º- 200 euros
3º- 150 euros
COMPARSAS E DISFRACES DE FORA DE MONFORTE DE LEMOS:
Comparsas de 1 a 3 compoñentes
1º- 175 euros
2º- 150 euros
3º- 125 euros
Comparsas de 4 a 24 compoñentes
1º- 325 euros
2º- 275 euros
3º- 200 euros
Comparsas de máis de 25 compoñentes
1º- 450 euros
2º- 350 euros
3º- 275 euros
DESCARGA DE DOCUMENTOS:
Solicitude inscrición concursos Entroido Monforte 2024
Formulario Anexo I Datos bancarios Entroido Monforte 2024
Formulario Anexo II Declaración negativa débedas Entroido Monforte 2024