-José Tomé Roca destacou no seu descurso de presentación do acto, a calidade dos maios que participaron e animou a todos os presentes a seguir participando nas próximas edicións para manter viva esta tradición que forma parte da nosa riqueza cultural.
- O aumento de maios nesta nova edición, motivaron a decisión do Alcalde de modificar as previsións iniciais e aumentar o orzamento para premios pasando de 750 € que estaban previstos a 1.050 €, coa finalidade de poder premiar a todos os participantes con 75 €.
Monforte de Lemos, 8 de maio de 2024. O Concello de Monforte de Lemos celebrou na xornada de hoxe unha nova edición do tradicional Concurso dos Maios, que se concentraron na praza de España a partir das 17:30 horas, logo de percorrer diversas rúas da cidade.
Recibidos polo Alcalde, José Tomé Roca acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, foron finalmente 14 os participantes que aportaron as súas obras nesta tradicional festa, na que non faltou tampouco o canto de coplas, actuando, nesta ocasión, unha persoa particular, Matilda Somoza González e catro colexios, Ferroviario, Ceip A Gándara, Ceip Monforte e IES Río Cabe, polo que se pode apreciar un aumento considerable da participación con respecto a anos anteriores.
Como xa indicara hai uns días o Alcalde, José Tomé Roca, destinouse un orzamento total de 750 € en premios e tal e como afirma Tomé, “O obxectivo era animar á participación, e logo de contar con 14 inscritos, podemos dicir que o obxectivo que nos marcamos, foi acadado con éxito”.
O aumento de participantes neste ano, e a calidade dos mallos presentados a concurso, motivaron a decisión do Alcalde de modificar as previsións iniciais premiando a todos os concursantes coa cantidade de 75€ e aumentar, polo tanto, o orzamento que estaba previsto pasando de 750 € a 1.050 €.
O rexedor destacou no descurso de presentación do acto, a calidade dos maios que participaban e animou ós presentes e tamén ós que este ano non puideron acudir a esta cita, a que sigan participando nas próximas edicións para manter viva esta tradición que conmemora a entrada da primavera porque tal e como sinalou Tomé “non só o patrimonio histórico-artístico, nos fai singulares; hai outro patrimonio, o inmaterial, as nosas tradicións, que tamén forman parte da nosa riqueza cultural e que é moi importante conservar”.
Concursantes
Os 14 concursantes nos Maios 2024 de Monforte foron:
- CEIP MONFORTE
- COLEXIO FERROVIARIO
- CEIP A GÁNDARA
- MATILDA SOMOZA GONZÁLEZ
- CENTRO DE DÍA DE MONFORTE DE LEMOS
- GERIATROS DOMUSVI MONFORTE
- ASOCIACIÓN AGORA- ÁREA DIURNA TERAPÉUTICA
- MARÍA GONZÁLEZ DE ISUSI
- FRANCISCO JAVIER FERNÁNDEZ SALAZAR
- ASOCIACIÓN AGORA- ÁREA OCUPACIONAL
- CRISTINA BLANCO RAJO
- Mª MONTSERRAT RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
- IES RIO CABE- ALUMNADO 1º ESO PRIMEIRO GRUPO
- IES RIO CABE-ALUMNADO 1º ESO SEGUNDO GRUPO
Os participantes no canto das Coplas foron:
- COLEXIO FERROVIARIO
- CEIP A GÁNDARA
- MATILDA SOMOZA GONZÁLEZ
- CEIP MONFORTE
- IES RIO CABE
Os aboamentos dos premios, serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular. Non poderá realizarse o pagamento do premio mentres o beneficiario non se atope ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.