Monforte de Lemos, 6 de setembro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar que este luns 9 de setembro abrirase o prazo de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais que o Concello organiza durante o curso 2024-2025.
O Concello oferta á cidadanía un amplo abano de actividades a través destas Escolas Deportivas municipais para o período 2024-2025, con 283 prazas dispoñibles.
A oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos (a partir de 16 anos):
Actividades para nenos e nenas:
- Golf
- Pádel
- Kung Fu
- Zumba infantil
Actividades para adultos:
- Ximnasia de mantemento
- Tai Chi
- Ioga
- Zumba
A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2024 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2025, completando así un total de 8 meses lectivos.
O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50% para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.
Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas o poderán facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial, ou a través da sede electrónica municipal.
O prazo de solicitudes estará aberto entre o 9 e o 20 de setembro. O mércores 25 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. A lista de admitidos e admitidas confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes.
As persoas interesadas poderán solicitar un máximo de 2 actividades, tanto nas modalidades de nenos/as como nas modalidades de persoas adultas.
Se unha vez finalizado o prazo de inscrición se da o caso de que quedan prazas vacantes, se poderán seguir presentando solicitudes ata esgotar as prazas ofertadas.
Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de inscritos na actividade acade, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas.
O número total de prazas ofertadas dentro do programa das Escolas Deportivas municipais é de 283 repartidas do seguinte xeito:
Actividades para nenos e nenas:
- Golf: 18 prazas
- Pádel: 30 prazas
- Kung Fu: 15 prazas
- Zumba infantil: 20 prazas
Actividades para adultos:
- Ximnasia de mantemento: 80 prazas
- Tai Chi: 40 prazas
- Ioga: 60 prazas
- Zumba: 20 prazas
A documentación a presentar é a seguinte:
- Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
- Fotocopia do DNI do solicitante
- No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
- No caso de familia numerosa, copia do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
DESCARGA DE DOCUMENTACIÓN:
DÍPTICO ESCOLAS DEPORTIVAS MONFORTE 2024-2025
NORMAS INSCRICIÓN E DESENVOLVEMENTO ESCOLAS DEPORTIVAS 2024-2025
FORMULARIO INSCRICIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS MONFORTE 2024-2025