O Alcalde inaugura a XXV Feira do Libro de Monforte, que trae ata o sábado a oferta de 9 librarías na rúa do Cardeal, a maior dos últimos anos

Monforte de Lemos, 21 de agosto de 2023. O Alcalde, José Tomé Roca, inaugurou na tarde de hoxe a 25ª edición da Feira do Libro de Monforte. No acto estivo acompañado polo secretario da Federación de Librarías de Galicia, Jacobo Rodríguez Agrasar, o Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, a Deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro Fernández, así como diversos membros do Equipo de Goberno e da Corporación do Concello, entre eles a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, as concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Consumo, Regina López, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán.

O pregón correu a cargo poetisa de A Pobra do Brollón, Olga Novo, Premio Nacional de Poesía en 2020.

José Tomé Roca destacou, na súa intervención, que “dende o Equipo de Goberno do Concello de Monforte, seguimos colaborando decididamente con esta festa da literatura porque consideramos que con ela conseguimos achegarlle á cidadanía unha parte fundamental da nosa cultura, como son os libros, e polo tanto, contribuímos á súa divulgación. Ó mesmo tempo, tamén ofrecemos o noso apoio a un sector tan importante como é o editorial”.

O Equipo de Goberno apoia ano a ano este evento, coorganizado entre o Concello e a Federación de Librarías de Galicia, dada a importancia que ten o sector editorial en Galicia.

“Este evento cultural que estamos a inaugurar, e que forma parte do programa do Verán Cultural do Concello, sérvenos para que todos poidamos encontrarnos literatura, cos libros e cos seus autores e autoras, na rúa, o que en definitiva é sen ningún tipo de dúbida contribúe a divulgar a cultura”, indicou o mandatario municipal.

O Alcalde destacou a presenza de varios escritores e escritoras da Ribeira Sacra, e tamén do resto de Galicia. A través deles, “potenciaremos e daremos a coñecer o talento literario que temos na nosa comarca e tamén no conxunto da provincia de Lugo e de Galicia”.

O rexedor monfortino tamén fixo referencia ó lema do cartel deste ano, “Atopa a túa historia”, un lema moi acaído porque “a través dos libros, podemos ir máis alá e coñecer, a través da lectura, milleiros de historias do mais diverso. Podemos meternos na pel de innumerables personaxes, vivir experiencias e, coñecer outros mundos, reais ou imaxinarios”.

Finalmente, José Tomé animou na súa intervención “a todos os monfortinos e monfortinas, así como ás persoas que nos visitan estes días, a que se acheguen esta 25ª Feira do Libro de Monforte, neste marco incomparable como é esta rúa do Cardeal, para coñecer as novidades literarias e adquirir novos libros que, de seguro, nos axudarán a descubrir novas historias apaixonantes, e ademais terán un desconto do 10% en todos os libros, que sempre é unha boa axuda para animarse a mercar”. E agradeceu a presencia tanto da pregoeira, coma dos libreiros e libreiras na Feira, así como dos escritores e escritoras, que asinarán nestes días as súas obras.

Antes e tras o acto inaugural, tivo lugar a actuación do Grupo de Gaitas do Concello de Monforte. A continuación, a comitiva institucional encabezada polo Alcalde visitou as 9 casetas protagonistas desta 25ª edición da Feira do Libro de Monforte. En relación cos participantes deste ano, o Alcalde destacou que “fora das grandes cidades galegas, do resto de cidades e vilas participantes nas Feiras do Libro de Galicia en 2024, a edición de Monforte é a que máis librarías congregou, dado o potencial de ventas que ten como destino turístico a nosa cidade, coma capital da Ribeira Sacra”.

A Feira do Libro de Monforte está organizada pola Federación de Librarías de Galicia e o Concello de Monforte. Esta Federación de Librarías de Galicia é unha institución constituída sen fins de lucro, integrada por librarías de toda Galicia, que leva 46 anos ó servizo do sector.

 

Olga Novo, pregoeira da XXV Feira do Libro de Monforte

Na súa intervención, o Alcalde esbozou unha breve biografía da pregoeira, recordando que xa foi pregoeira en 2019 desta Feira do Libro, fai 5 anos.

Olga Novo, natural do veciño concello de A Pobra do Brollón, ademais de poeta é ensaísta, tradutora e crítica literaria. Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e de Estudos Hispánicos pola Universidade de Alta Bretaña en Rennes. Actualmente, exerce a súa profesión coma docente de Lingua Galega e Literatura no IES A Pinguela de Monforte, e foi lectora de galego na Universidade da Alta Bretaña en Rennes.

Son numerosas as súas obras poéticas, así coma os seus ensaios e estudos sobre literatura, e ten colleitado premios coma o Losada Diéguez de Creación Literaria polo poemario Nós nus, o Premio da Crítica Española por Cráter ou Premio de Investigación Ánxel Fole por un estudo sobre Uxío Novoneyra, entre moitos outros.

E non podemos esquecer que no ano 2020, Olga Novo foi galardoada co Premio Nacional de Poesía, pola obra Feliz Idade, que tamén acadou o Premio da Crítica Española e Galega, “o cal é  para nós un orgullo e unha gran satisfacción que unha poetisa da nosa terra, acadara tan alta distinción”, manifestou José Tomé.

O Alcalde, referiuse a ela coma “unha excelente pregoeira que nos honra coa súa presencia e que vai contribuír, estou seguro, a que esta 25ª edición da Feira do Libro de Monforte resulte todo un éxito.”

 

PROGRAMACIÓN DA 25ª FEIRA DO LIBRO DE MONFORTE

A XXV Feira do Libro de Monforte de Lemos poderá visitarse ata o sábado 24 de agosto. As 9 casetas estarán abertas de 11 a 14 horas e durante a tarde de 19 a 22 horas. Serán catro xornadas de actividades nas que o público asistente poderá gozar de presentacións de libros e sinaturas das obras por parte dos seus autores.

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela), Libraría Cartabón (Vigo), Libraría Uróboros (Santiago de Compostela), Galgo Azul (A Coruña), Libraría Porto (Ponteareas), Espazo Lector Nobel (Ourense), o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, Librería Agrasar (Monforte) e Librería Entre Libros (Monforte).

A Feira do Libro de Monforte conta cun completo programa de actividades, no que se inclúen Seis casetas, ducias de autores, eventos para toda a familia, sinaturas e presentacións. Coa Feira do Libro de Monforte, a Federación de Librarías de Galicia dará por rematada a tempada de feiras de 2024, e que ten 13 citas por toda Galicia.

A programación deste ano da Feira do Libro de Monforte inclúe a presencia de varios escritores da Ribeira Sacra, e tamén escritores do resto de Galicia. A través deles, potenciarase e darase a coñecer o talento literario existente na Ribeira Sacra e tamén en Galicia.

Todos os libros que se adquiran nesta Feira do Libro monfortina, contarán cun desconto do 10%.

 

MÉRCORES 21 DE AGOSTO

19:00 h.- Pregón a cargo da poeta Olga Novo, e inauguración a cargo do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca.

19:00 h.- Carlos G. Fernández asina 50 lugares sagrados e Compostela mágica na caseta da libraría Uróboros.

19:30 h.- Isabel Porto asina Esto no es para ti na caseta da libraría Porto.

20:00 h.- Perfecto Souto asina Clarisa na caseta da libraría Agrasar.

20:00 h.- De la autopublicación a las librerias, conversa entre as escritoras Abril Camino e María Nieto, na carpa de actividades.

20:45 h.- Presentación de O sangue dos camiños de Ramón Caride Ogando, acompañado de Xosé Manuel Eyre, na carpa de actividades.

21:00 h.- Alan Balzac asina Historia de una mente distorsionada, o cómo jugar con la memoria na caseta da libraría Agrasar.

21:15 h.- Presentación de Indehiscencia de Ramón Caride Ogando, acompañado de Ramón Prol, na carpa de actividades.

 

XOVES 22 DE AGOSTO

11:00 h.- Alfonso Barreiro "Fon" asina Gazafellos 1 e 2, Banainas, Cósmico o bombeiro galáctico e Troglo&dita na caseta da libraría A gata tola.

12:00 h.- Susana Lamela asina Invisible con maleta verde e zapatos vermellos na caseta da libraría Porto.

12:00 h.- Antonio P. Poza asina El aire de Atenas na caseta da libraría Agrasar.

13:00 h.- Patricia Fernández asina Sensonauta na caseta da libraría Agrasar.

19:00 h.- Teatro infantil: Pedras de Cartón representa a obra Moby Dick, na carpa de actividades.

19:00 h.- Alfonso Barreiro "Fon" asina Gazafellos 1 e 2, Banainas, Cósmico o bombeiro galáctico e Troglo&dita na caseta da libraría A gata tola.

19:00 h.- Marcelino Requejo asina Visitantes de otras dimensiones na caseta da libraría Uróboros.

19:00 h.- Carmen Pereiro-Oliveira asina Amén, Jesús na caseta da libraría Porto.

19:00 h.- Xabi Domínguez e Alba de Evan asinan Rolando, e un fio resistente, Varetai, A pulga espacial e demais obras publicadas na caseta da libraría Nobel.

19:30 h.- Alba Guzmán asina Xoaniña de Deus na caseta da libraría Agrasar.

19:30 h.- Chan da Pólvora, a poesía necesaria (Tres exploradores na cara oculta do poema): José González, Luís López Alonso e Antóm Fortes. Presenta Antón Lopo, editor de Chan da Pólvora, na carpa de actividades.

20:00 h.- Jorge Emilio Bóveda asina A palabra salvaxe e o resto da súa obra na caseta da libraría Nobel.

20:30 h.- Loli Rodríguez asina Os nomes de Val na caseta da libraría Agrasar.

21:00 h.- Presentación do libro Pero como morren as pegas? de Óscar Guzmán, estará acompañado pola escritora Alba Guzmán, na carpa de actividades.

 

VENRES 23 DE AGOSTO

11:00 h.- Perfecto Souto asina Clarisa e Stricta Funis na caseta da libraría Uróboros.

11:00 h.- Raquel Castro asina Sobremesas sobre versos na caseta da libraría Porto.

11:00 h.- Fernándo Méndez asina La vida mientras luchamos na caseta da libraría Agrasar.

11:00 h.- Inma Soto asina Xela a superheroína de aldea na caseta da libraría Entre Libros.

11:00 h.- Alba López Paredes asina Nandidor y la leyenda de Noa na caseta da libraría A gata tola.

12:00 h.- Presentación e contacontos ilustrado O reino de Libeliño con Estefanía Padullés, na carpa de actividades.

12:00 h.- Juan Abalde asina Las cuevas de Solimán na caseta da libraría Porto.

12:00 h.- Pablo Docampo asina La sangre de los dioses na caseta da libraría Agrasar.

13:00 h.- Carlos Padilla asina La vanidad y los buitres na caseta da libraría Agrasar.

19:00 h.- Espectáculo infantil Son Animal de Paco Nogueiras, na carpa de actividades.

19:00 h.- Alba López Paredes asina Nandidor y la leyenda de Noa na caseta da libraría A gata tola.

 

19:00 h.- Sandra Acuña asina Loaira na caseta da libraría Entre Libros.

19:00 h.- Perfecto Souto asina Clarisa e Stricta Funis na caseta da libraría Uróboros.

19:00 h.- Andrea Micc asina Crónicas de Vanusum I y II na caseta da libraría Agrasar.

19:30 h.- Mar Míguez asina A maxia asolagada na caseta da libraría Porto.

20:00 h.- Miguel Mosquera asina Las plantas medicinales de tu jardín na caseta da libraría Nobel.

20:00 h.- Presentación da saga Crónicas de Vanusum de Andrea Micc, na carpa de actividades.

20:00 h.- Rober Cagiao asina todos os seus libros na caseta da libraría Agrasar.

20:45 h.- Presentación de A irrelixiosidade en Occidente: a súa historia e vicisitudes de Flavio López.

21:00 h.- Olga Novo asina A teta sobre o sol na caseta da libraría Agrasar.

 

SÁBADO 24 DE AGOSTO

11:00 h.- Perfecto Souto asina Clarisa e Stricta Funis na caseta da libraría Uróboros.

11:00 h.- Inma Soto asina Xela a superheroína de aldea na caseta da libraría Porto.

11:00 h.- Yolanda Álvarez asina O misterio do tulipán na caseta da libraría Agrasar.

11:00 h.- Alba Lopez Paredes asina Nandidor e La leyenda de Noa na caseta da libraría A gata tola.

11:00 h.- Pilar Macía asina El poblado de las ánimas na caseta da libraría Entre Libros.

13:00 h.- Sonia Arias asina Los zapatos del lobo na caseta da libraría Agrasar.

19:00 h.- Espectáculo musical infantil e familiar: A Ramona pequena vai á Lúa de Pakolas, na carpa de actividades.

19:00 h.- Alba Lopez Paredes asina Nandidor e La leyenda de Noa na caseta da libraría A gata tola.

19:00 h.- Perfecto Souto asina Clarisa e Stricta Funis na caseta da libraría Uróboros.

19:00 h.- María Tarela asina Vagalumes na caseta da libraría Galgo azul.

19:00 h.- Andrea Mic asina Crónicas de Vanussum II na caseta da libraría Entre Libros.

19:00 h.- Suso Vila asina Estanque de tormentas na caseta da libraría Agrasar.

20:00 h.- Presentación de Estanque de tormentas de Suso Vila, na carpa de actividades.

20:30 h.- Patricia Meira asina A Antártida Medía 1,72 na caseta da libraría Agrasar.

20:45 h.- Poesía Micro aberto, na carpa de actividades.