Monforte de Lemos, 30 de marzo de 2024. Coa lectura ás 12 da mañá na Praza de España do Saúda por parte do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu comezo oficialmente a XX Feira Medieval de Monforte, que se desenvolve hoxe sábado día 30 e mañá domingo 31 de marzo na cidade do Cabe.
O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Cultura, Marina Doutón, Servizos, José Luis Losada, de Deportes, José Manuel Mougán, de Consumo, Regina López, e de Muller e Igualdade, Margarita López, así como diversos membros da Corporación municipal, o Inspector Xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez e o Inspector Xefe do corpo de Policía de Monforte, Pablo Fernández.
Tamén asistiron diversas autoridades do eido provincial como a Deputada da Área de Réxime Interior Promoción e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro, o Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, a Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, o Xefe territorial de Presidencia, Xustiza e Deportes, Gerardo Criado, o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, a Deputada no Congreso, Patricia Otero, ou o Senador, César Mogo, entre outras autoridades.
Tras o saúdo oficial do Alcalde, tivo lugar a salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, que deu inicio oficial á Feira.
A continuación, o Alcalde acompañado polo Equipo de Goberno e o resto de invitados, visitaron a Feira Medieval percorrendo as rúas que, a pesares das inclemencias do tempo, estaban ateigadas de público, desfrutando das distintas actividades da Feira.
Hoxe, e tamén mañá, Monforte de Lemos convértese nunha cita ineludible para todos aqueles que queiran desfrutar dun evento diferente, que mergulla á cidade no seu esplendor medieval.
O programa completo de actividades pode consultarse en: