Monforte de Lemos, 31 de maio de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou a xornada etnogastronómica que o Equipo de Goberno organizou, dentro das actividades arredor da campaña “Quere o teu Mercado”, co obxectivo de exaltar e promocionar os produtos da Praza de Abastos da cidade.
O rexedor monfortino resalta que “as prazas de abastos, a través de canles cortas de comercialización, garanten a calidade dos produtos alimentarios galegos, e nelas únese tradición e modernidade, a través da profesionalidade dos seus praceiros e praceiras”.
No acto, que tivo lugar no espazo expositivo da Praza de Abastos, estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Muller e Igualdade, Margarita López, e Consumo, Regina López, así como a técnico de desenvolvemento local, Mª Trinidad López.
A xornada resultou todo un éxito de participación, xa que numeroso público encheu os mercados dende ás 8 da tarde, e puideron degustar a oferta de varios restaurantes locais e adegas, que ofreceron tapas variadas e viños de adegas da D.O. Ribeira Sacra, acompañados de música en directo do grupo monfortino “Segunda Parte”.
Restaurantes e Adegas participantes
Restaurante Galicia
Gazpacho de cacheira
Salmorejo de tomate azul
Banderilla matrimonio
Cono de queixo curado á mencía con mermelada de froitos vermellos
Restaurante Juntos
Pizza de espinacas
Pizza de carne mixta
Pizza Búlgara
Pan Queixo
La Tapería
Empanadilla de polo e arroz
Ensaladilla
Croquetas caseiras de xamón
Tapas Praza de Abastos
Empanadas variadas
Tablas de queixos e embutidos
Tostas salgadas e doces
Viños da Ribeira Sacra
Adega Cruceiro
Adega Alouviño
Adega Viña Frieira
Adega Curuxo