O Alcalde inaugura a 24ª edición da Mostra Artelemos, unha aposta decidida do Concello de Monforte pola artesanía de calidade

-José Tomé Roca, acompañada por diversos membros da Corporación municipal, inaugurou hoxe ás 13:00 h. esta mostra, que foi visitada por todos eles, tras levarse a cabo a actuación do Grupo de Gaitas e Danza do Concello.

-Esta mostra de artesanía consolidada celebrarase na rúa Cardenal dende hoxe día 5 e ata o 10 de agosto e conta coa presencia de 30 artesáns, procedentes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España.

-“Este ano o certame durará seis días, un día máis que nas primeiras edicións de Artelemos, despois de decidir aumentar o ano pasado unha xornada mais a Mostra de artesanía,  dado o interés que mostrou o público e os artesáns participantes en edicións anteriores”. “Tal e como explicou Tomé, esta nova edición desevolverase dende hoxe, día 5 ata o sábado día 10, ambos incluídos”.

-Ademais do espazo expositivo destinado ós artesáns, contará cunha zona polivalente dende a que se levarán a cabo obradoiros para nenos e nenas así como públicos de todas as idades, elaboración de produtos artesanais en directo, e mostras de oficios tradicionais.

-“Con esta Mostra contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.

-O horario durante os 6 días que durará a XXIV Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 18 a 22 horas. Ademais, o programa inclúe demostracións, que se desenvolverán de 12 a 14 horas, e de 19:00 a 21 horas.

 

Monforte de Lemos, 5 de agosto de 2024. O Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou na mañá de hoxe a XXIV Mostra de artesanía Artelemos 2024, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, polo Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, A Concelleira de Consumo, Regina López e o Concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, na visita e inauguración tamén estiveron presentes representantes da Corporación, entre outros, Emilio Sánchez, Manuel Luaces e José Luis Rodríguez.

Tras a inauguración, tivo lugar a actuación musical do Grupo Municipal de Gaitas e Danza do Concello de Monforte, e a comitiva de autoridades visitou os diferentes stands que compoñen a mostra.

Esta mostra celebrarase na rúa Cardenal de Monforte de Lemos dende hoxe luns 5 e ata o sábado 10 de agosto e convértese, como cada ano, na antesala das Festas Patronais da cidade, dentro do Programa Cultural de Verán do Concello.

En Artelemos 2024 participan de 30 profesionais da artesanía, o mesmo número que o alcanzado en 2023, e que é o número máis alto de participantes dos últimos anos, procedentes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España.

Ó igual que en 2023, este ano o certame durará seis días, un día máis do habitual, pois nos últimos anos a duración era de cinco días, pero ante o éxito das vendas e o interese dos artesáns o pasado ano, dende o Equipo de Goberno decidiuse manter esta ampliación dos días de celebración do mesmo.

O Concello aposta especialmente por unha Mostra de artesanía que o Equipo de Goberno recuperou no Nadal do ano 2015, tras anos de ausencia, dende que desaparecera a Fundación Comarcal Terra de Lemos, que a organizou entre os anos 1996 e 2011. Dende o ano 2015, Artelemos celebrase tódolos anos cun aumento progresivo de participantes e artesáns que avalan este tipo de eventos, e mostra delo é a ampliación, nun día máis, do calendario deste ano.

O horario durante os 6 días que durará a XXIII Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 18 a 22 horas.

Ademais, o programa inclúe demostracións, que se desenvolverán de 12 a 14 horas, e de 19 a 21 horas.

XXIV Artelemos, unha mostra consolidada que aposta pola artesanía de calidade

Artelemos é o escaparate dos pequenos obradoiros artesanais que están a traballar no noso territorio rural, espallados por toda a xeografía galega, e que gardan a identidade de oficios tradicionais conxugándoa con tendencias actuais.

“Con esta Mostra”, recordou o Alcalde, “contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.

Os 30 profesionais da artesanía que conforman esta edición de 2024, proveñen da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España. En concreto, as procedencias son:

25 artesáns e artesás de Galicia:

  • 10 artesáns das provincia de Lugo, sendo 2 de Monforte de Lemos, 2 de Sober, 2 de A Pobra de Brollón, e 1 de Taboada, Quiroga, Antas de Ulla y Lugo cidade.
  • 7 artesáns da provincia de A Coruña: 1 de Sada, Teo, Ordes, Rois, Noia, Santiago e Oroso.
  • 5 artesáns da provincia de Pontevedra: 2 de Vigo e 1 de Marín, Moaña e Arcade-Soutomaior.
  • 3 artesáns da provincia de Ourense: 1 de Barbadás, A Teixeira e Ourense cidade.

5 artesáns e artesás doutros puntos de España:

  • 2 artesáns da provincia de León, procedentes de Ponferrada.
  • 2 artesáns da provincia de Murcia, das localidades de La Alberca e Cartagena
  • 1 artesán da provincia de Toledo, do concello de Ciruelos.

O obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais que os clientes esperan atopar: como ourivaría, cestería, coiro, vidro, olería de Gundivós, cerámica, papel e madeira, entre outras. En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.

Tamén haberá diferentes obradoiros para cativos/as coma se pode ver no programa de cada día. Estas actividades, que son un complemento á propia Mostra, organízanse ano a ano porque sempre acadaron un notable éxito entre o público asistente.  Os obradoiros celebraránse ás 12:00 h ás 19:00 h e para participar neles, os interesados deberán inscribirse unha hora antes do cemezo dos mesmos, no stand do Concello situado na propia Mostra de Artesanía.

O Alcalde anima a “todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que nos visitan nestes días de verán, a que se acheguen a visitar esta 24 edición de Artelemos no Cardenal, e que se aposten polos produtos artesáns que alí se atoparán, que contan con todas as garantías de fabricación e de calidade. Porque apostar polos artesanal significa apostar polos nosos artesáns, polo produto local de calidade, polo noso medio rural, polas nosas tradicións, en definitiva, pola nosa arte e a nosa cultura”.

Programación 24ª Mostra Artelemos 2024

Luns 5 de agosto: 

10:00 h.- Apertura de stands de venda.

12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería Tradicional da Ribeira Sacra-Figulus. Artesán: Tomás López.

13.00 h.- Inauguración oficial da 22ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas.

18:00 h.- Apertura de stands de venda.

19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería Tradicional da Ribeira Sacra-Figulus. Artesán: Tomás López.

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos e nenas.  Artesá: Otilia Arias.

22:00 h.- Peche dos stands.

Martes 6 de agosto:     

10:00 h.-Apertura de stands de venda.

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Bixutería con macramé.  Artesá: Noel Pérez.

18:00 h.- Apertura de stands de venda.

19:00 a 21:00 h.-  Obradoiro de Bixutería con macramé.  Artesá: Noel Pérez.

22:00 h.- Peche dos stands.

Mércores 7 de agosto: 

10:00 h.- Apertura de stands de venda.

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Barro para nenos/as.  Artesá: Amparo Escrich.

18:00 h.- Apertura de stands de venda.

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Barro para nenos/as.  Artesá: Amparo Escrich.

22:00 h.- Peche dos stands.

Xoves 8 de agosto:       

10:00 h.- Apertura de stands de venda.

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Cestería. Artesá: Luisa Martínez.

18:00 h.- Apertura de stands de venda.

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cestería. Artesá: Luisa Martínez.

22:00 h.- Peche dos stands.

Venres 9 de agosto:

10:00 h.- Apertura de stands de venda.

12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Coiro. Artesá: Lucia Casado.

18:00 h.- Apertura de stands de venda.

19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Coiro. Artesá: Lucia Casado.

22:00 h.- Peche dos stands.

Sábado 10 de agosto:

10:00 h.- Apertura de stands de venda.

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Remo.

18:00 h.- Apertura de stands de venda.

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Remo.

22:00 h.- Peche dos stands.