Monforte de Lemos, 4 de xaneiro de 2024. A tarde de onte mércores serviu para que o Alcalde, José Tomé Roca, en nome de todos os monfortinos e monfortinas, homenaxeara ás 19:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello ó Club Taekwondo Neka e a 18 dos seus deportistas, polos excelentes resultados acadados tanto no Campionato de Europa de Taekwondo, celebrado o 24 e 24 de novembro en Innsbruck (Austria), e o Campionato de España, celebrado en La Nucía (Alicante) o 6 de decembro de 2023.
En ambos campionatos, foron un total de 24 medallas, 13 de ouro, 4 de prata e 7 de bronce, as que conseguiron os deportistas do Neka, ademais de conseguir o bronce no Campionato de España como Club por equipos.
O Alcalde, en nome de todos os monfortinos, felicitou ó adestrador, José Mª Vega, e ós deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados, “pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte español, europeo e mundial. Constitúe unha oportunidade única de promoción para a nosa cidade”. José Tomé animounos a seguir traballando e a esforzarse para manter este nivel competitivo, consciente de que superalo resulta complicado”.
O Alcalde comprometeuse a seguir respaldando ao deporte base e aos clubs como o Ximnasio Neka, “que traballan por promocionar as distintas modalidades entre os mais pequenos, destacando a importancia que ten calquera actividade na formación integral das novas promesas”.
Pola súa banda, José Mª Vega, director deportivo do club monfortino, declarou sentirse moi orgulloso dos resultados alcanzados, que son consecuencia de todo o esforzo feito polos deportistas do club. Ademais, quixo agradecer ó Alcalde a recepción celebrada no Concello, por constituír un recoñecemento ao gran traballo que están a realizar estes mozos deportistas, que tal e como afirma Vega, están a levar o nome de Monforte por diferentes campionatos nacionais e internacionais. O director deportivo, tamén quixo agradecer as axudas que están a recibir desde O Concello, que consideran de vital importancia para o Club.
No acto de recoñecemento, o Alcalde estivo acompañado polos 18 deportistas homenaxeados, ós que lles entregou un trofeo conmemorativo como mostra de agradecemento polo seu esforzo, polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a Concelleira de Sanidade, Pilar Espinosa, así como familiares e representantes do Club Neka.
CAMPIONATO DE EUROPA de Innsbruck (Austria), 24 e 25 de novembro.
Os resultados acadados no Campionato de Europa de Taekwondo polos deportistas do Neka en Innsbruck, e polos que foron homenaxeados no día de hoxe, son os seguintes:
-Campións de Europa en categoría Trío senior:
- Alejandro Losada Rodríguez
- Carlos Rey Cuadrado
- Daniel Arean Grejs
-Campións de Europa en categoría Parella junior:
- Laura Álvarez Suárez
- Marco García Martínez
- Medalla de prata en categoría Junior individual: Laura Álvarez Suárez:
- Medalla de prata en categoría Junior individual: Marco García Martínez:
- Medalla de bronce en categoría Senior individual: Carlos Rey Cuadrado:
CAMPIONATO DE ESPAÑA en La Nucía (Alicante), 6 de decembro.
Campionato de España por Clubes:
-Campións de España en categoría Trío senior:
- Alejandro Losada Rodríguez
- Carlos Rey Cuadrado
- José Roca Rodríguez
-Campións de España en categoría Trío Junior:
- Marco García Martínez
- Aitor Teijeiro Elidio
- David Poyán López
-Medalla de bronce en categoría Parella junior:
- Lucía Roca Rodríguez
- Aitor Teijeiro Elidio
-Medalla de ouro en categoría Individual infantil: Alicia Castro Regal
-Medalla de ouro en categoría Junior individual: Laura Álvarez Suárez
-Medalla de prata en categoría Junior individual: Marco García Martínez
-Medalla de prata en categoría Senior individual: Carlos Rey Cuadrado
-Medalla de bronce en categoría Benxamín individual: Lola Díaz Rodríguez
-Medalla de bronce en categoría Senior individual: Alejandro Losada Rodríguez
-Medalla de bronce en categoría Senior individual: Daniel Arean Grejs
Tamén participaron no Campionato de España:
- Icía Marcos García
- Inés Casal Peña
- Gael Díaz De La Fuente
- Rosa Olmo Espinosa
- Iván Castro Regal
- Alba Díaz Rodríguez
- Daniela Varela Otero
Ademais, o Club Taekwondo Neka conseguiu neste Campionato de España a medalla de bronce por equipos, algo polo que tamén foi homenaxeado polo Alcalde.
Campionato de España por Seleccións Autonómicas:
-Medalla de bronce en categoría infantil individual: Alicia Castro Regal