Monforte de Lemos, 17 de maio de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Coordinador de deporte escolar da delegación da Xunta de Galicia en Ourense, Carlos Bericat, e polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega na mañá de hoxe do trofreo correspondente á Liga de 2ª Provincial de baloncesto, na que resultou gañador o equipo monfortino alevín do C.B. Val de Lemos, que compite na territorial de Ourense.
A entrega deste trofeo que é un recoñecemento o éxito acadado pola división alevín deste clube de baloncesto, fixose durante o transcurso do campionato BabyBasquet 2024, organizado en colaboración co Concello de Monforte e a Federación Galega de Baloncesto, no novo pavillón polideportivo municipal de A Pinguela.
Este campionato achegaronse ata Monforte os equipos ourensáns do A.B.O., C.B. Ourense, C.B. Maside, C.B. Allariz, A. B. Xinzo, Vedruna, Femenino O Barco, BBall OU, Depordima, así como o C.B. Val de Lemos.