Monforte de Lemos, 4 de maio de 2024. O Alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, fixo entrega no día de hoxe dos diferentes trofeos e medallas correspondentes ó Campionato de España de Taekwondo que se celebrou no día de hoxe no novo Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela.
Nos actos, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, o Concelleiro de Medio ambiente, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, a Concelleira de Consumo, Regina López e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López. As outras autoridades presentes no evento foron o Presidente da Real Federación Española de Taekwondo, Jesús Castellanos Pueblas, o Xefe do Servicio Provincial de Deportes, Manuel Otero Méndez e o director deportivo do Ximnasio Neka, José María Vega.
Este Campionato de España de Taekwondo reuniu en Monforte a 373 taekwondistas procedentes das 17 Comunidades Autónomas de España. Polo tanto, dende o Concello estímanse en máis de 1.500 as persoas que puideron acudir a Monforte con motivo deste Campionato de España.
As competicións desenvolvéronse en xornada de mañá e tarde. Dende as 9:00 e ata as 13:30 horas disputouse a modalidade de Poomsae (técnica).
Pola tarde, de 15:00 a 17:00 horas, foi a quenda da modalidade de Freestyle.
No Campionato participaron 11 taekwondistas monfortinos. En Sénior, Alejandro Losada, Marco García, Carlos Rey, Daniel Areán y Laura Álvarez. En Júnior, Aitor Teijeiro, Alan David Bustamante e Lucía Roca. En Cadete, Inés Casal, Aya Jabni e Alicia Castro.
Para a disputa deste importante campionato na cidade do Cabe, o Concello de Monforte achegou unha axuda de 5.000€ para o Campionato e o Deputación Provincial de Lugo tamén se aportaron outros 5.000€, “aportando o 66,6%, que son 2/3 do custe do canon de 15.000€ que a Federación Española de Taekwondo estipulou para conceder a celebración do Campionato na nosa cidade”.
As condicións que ofrece o novo Pavillón da Pinguela, xunto cos éxitos acadados nos últimos anos polos taekwondistas monfortinos, foron decisivos para a consecución deste campionato que se desenvolveu con total normalidade, sendo un éxito de organización e participación. D, Jesús Castellanos Pueblas, Presidente da Real Federación Española de Taekwondo entregoulle ó Alcalde de Monforte, D.José Tomé Roca unha placa en agradecemento pola súa colaboración co Teekwondo Español.
Este Campionato celébrase unha vez ó ano en España e puntúa para formar parte da Selección Española que acudirá ó Mundial de Hong Kong, en decembro deste ano 2024.
As medallas obtidas por deportistas de Monforte no Campionato de España de Taekwondo son:
Alex Camba: ouro individual e ouro en trío
Laura Álvarez: prata en individual e parella
Daniel Areán: prata en parella
Carlos Rey: ouro en trío e bronce en parella
Marco García: ouro en trío
Lucía Roca: prata en parella e ouro en trío
Aitor Teijeiro: Prata en parella
Inés Casal: bronce en trío
Alicia Castro: bronce en trío
Aya Jabni: bronce en trío.