O Alcalde de Monforte fai entrega dos distintivos polos seus 25 anos de servizo a 3 policías locais

Monforte de Lemos, 17 de febreiro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo entrega na mañá de hoxe dos distintivos de permanencia no servizo a tres axentes do corpo da Policía Local da cidade, logo de que alcanzaran os 25 anos de traballo a prol dos monfortinos e monfortinas.

En concreto, foron distinguidos os axentes Victor Díaz Lebices, Carlos Losada Díaz e Javier Vázquez Orozco. Deste xeito, en recoñecemento polos seus 25 anos de servizo e entrega ós cidadáns de Monforte, o Alcalde fíxolles entrega do correspondente diploma oficial, pasador e insignia de lapela.

Acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Secretario do Concello, José Antonio Mourelle, e o Inspector xefe da Policía Local, Miguel Martínez, o Alcalde aproveitou tamén esta distinción para agradecerlles ós tres axentes o seu servizo e o seu compromiso na cidade de Monforte, ó longo dos seus 25 anos de traballo.