Monforte de Lemos, 17 de xullo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, fixo entrega o pasado luns 15 de xullo no pavillón da Pinguela dos diplomas acreditativos ós 106 nenos e nenas que participaron na primeira quincena do Campamento Deportivo de Verán do Concello de Monforte.
José Tomé destaca que “dende o Concello, facemos un esforzo moi importante para poder manter a celebración destas actividades de verán, nas que ofertamos un total de 822 prazas, que é o número máis alto dos últimos anos que dende o Concello puxemos en marcha para as actividades de verán, 8 máis que en 2023”.
O Alcalde subliña que “o noso obxectivo é facilitar a conciliación das familias no período de vacacións escolares, e, sobre todo, para que os nenos e nenas de Monforte poidan disfrutar das súas vacacións practicando as actividades que máis lles gustan”.
A segunda quincena deste Campamento Deportivo de verán xa está en marcha, ata o 31 de xullo, e conta coa participación de 103 nenos e nenas.
Para a terceira quincena, que se desenvolverá do 1 ó 14 de agosto, aínda quedan 17 prazas dispoñibles, polo que todos os interesados e interesadas aínda poden anotarse nas oficinas municipais de Las Casitas.